50 Bolsas Internacionais para titulados universitarios


Bolsas InternacionaisA Deputación de Ourense oferta 50 Bolsas Internacionais para titulados universitarios na segunda convocatoria deste programa formativo-laboral que pon en marcha a institución provincial en 2013.

BOP nº 109 Lunes, 13 de Mayo 2013

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou as bases reguladoras desta convocatoria, enmarcada no programa europeo Leonardo da Vinci. En total serán 50 as bolsas individuais ofertadas, que chegarán a 160 ao longo deste ano (a edición con maior número de bolsas ofertadas).

Concederanse para estancias e prácticas laborais en empresas da Unión Europea, preferentemente en Reino Unido e Portugal. O obxectivo é apoiar aos participantes nas actividades de formación para a adquisición de coñecementos, competencias e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e profesional.

A finalidade tamén é facilitar a mobilidade dos traballadores en Europa, promovendo e desenvolvendo prácticas innovadoras e a súa transferencia entre os países participantes, fomentando así a perfeccionamento de linguas estranxeiras.

Poderán ser beneficiarios deste programa de bolsas internacionais os solicitantes que cumpran os seguintes requisitos: posuír titulación universitaria oficial de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñería, enxeñería técnica, arquitectura, arquitectura técnica acreditada por universidades españolas ou recoñecidas polo Ministerio de Educación, ou estar en condición de obter a titulación na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Ademais é requisito que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data do ano da convocatoria deste concurso, e posuír coñecemento de portugués e/ou inglés cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica. Xunto a isto requírese tamén posuír coñecementos de informática a nivel de usuario e non ter gozado anteriormente dunha bolsa do programa Leonardo da Vinci do grupo obxectivo: persoas no mercado laboral.

O financiamento das bolsas provén das achegas da Unión Europea, do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos e da Deputación de Ourense, ascendendo a un importe de 130.000 euros.

Valoración

O formulario de solicitude de bolsas poderase obter e cubrir na aplicación informática: http://becasinternacionais.depourense.es. Ademais dos requisitos necesarios valorarase o estar empadroado nalgún dos 92 concellos da provincia de Ourense e ter obtido o título académico no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no centro asociado da UNED en Ourense.

Considéranse gastos cubertos pola bolsa o custo do desprazamento de ida e volta, preferentemente en avión; as prácticas laborais na empresa seleccionada; a titoría das prácticas laborais; un curso de inmersión lingüística; un seguro de enfermidade, e unha dotación mensual que consistirá no aboamento de axuda para custos de aloxamento e/ou manutención. A duración das estadías dos bolseiros no estranxeiro será dun máximo de 14 semanas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de maio. As probas de lingua estranxeira (inglés e portugués) realizaranse os días 3, 4, 5, 6 e 7 de xuño de 2013, e a comunicación do lugar e as horas para a realización das ditas probas farase mediante o seu anuncio na sede electrónica da Deputación de Ourense (http://portelo.depourense.es).

Advertisements
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,782 visitas
Calendario empreg@
Maio 2013
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Promotor/a de servicios 18 Agosto, 2017
  • promotor y asesor comercial 18 Agosto, 2017
  • Arquitecto retail project manager 18 Agosto, 2017
  • Administrativo/a Comercio Internacional 18 Agosto, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Desarrollador/a PHP, JAVASCRIPT, BOOSTRAP 18 Agosto, 2017
  • Consultor/a Senior BI Reporting Pentaho 18 Agosto, 2017
  • Estilista de peluquería 18 Agosto, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: