O cooperativismo é unha fórmula empresarial de autoemprego con vantaxes e particularidades fronte a outras formas xurídicas e preséntase como un excelente modo de emprendemento no momento actual.
No marco do proxecto POCTEP Coopera +, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellerla de TrabaIb e Benestar da Xunta de Galicia convídao á inauguración e ao ciclo de xornadas “Unha oportunidade en tempos de crise. Emprende cooperativas” que terán lugar en Santiago de Compostela, Vigo e Ourense os días 30 de maio e 5, 7 e 10 de xuño de 2013.
As xornadas, que se desenvolverán de 09.30 a 18.00, están dirixidas a persoal técnico e axentes intermedios de entidades interesadas na promoción do emprego e fomento do cooperativismo e a economía social, e teñen como obxectivo achegar unha visión actual sobre como fomentar e mellorar a inserción laboral de persoas desempregadas. Igualmente, resultan de interese para emprendedores e público en xeral.
Cada xornada está deseñada dende unha visión práctica e achegará solucións e coñecemento sobre a realidade das cooperativas e cuestións prácticas para a súa posta en funcionamento. Pola mañá ofreceranse lugar relatorios e experiencias de emprendemento cooperativo. Pola tarde os asistentes poderán participar nunha feira de recursos e oportunidades para a inserción laboral onde se presentarán estudos territoriais de oportunidades de negocio, directorios, plans de internacionalización e outros servizos e recursos actuais para a inserción desenvoltos polo proxecto Coopera
Deixar unha resposta