BASES DE AXUDAS DO IGAPE Á REORIENTACIÓN E Á COMPETITIVIDADE DAS PEMES GALEGAS
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar as Bases reguladoras das axudas do Igape á reorientación e á competitividade das pemes galegas, xunto coa correspondente convocatoria 2013 das seguintes liñas:
-Proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 € (procedemento IG103).
-Proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 € (procedemento IG174)
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 17 de xullo.
O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro do 2014.
Deixar unha resposta