A Asociación DELOA, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, pon en marcha un curso de formación para desempregados sobre o cultivo in vitro e tecidos vexetais.
Está previsto que o seminario comece no mes de setembro. Previamente haberá un proceso de selección de alumnos inicialmente datado para o 12 de setembro. O total de prazas dispoñibles é de 15 e o número total de horas do curso é de 165.
As persoas interesadas en ter máis información poden solicitala no teléfono da sede de DELOA 981817000, ou no correo electrónico: deloa@deloa.es. Para consultar as bases tamén poden facelo no documento adxunto que publicamos a continuación.
Bases do curso(326 Kb)
Deixar unha resposta