XORNADA TECNICA SOBRE AXUDAS DO IGAPE EN VIGO
Informar sobre os programas de axudas impulsados polo Igape para facilitar a creación, a mellora da competitividade ou a internacionalización de empresas é o obxectivo da xornada técnica que se desenvolverá en Vigo, o próximo día 26 de xuño, a partir das 17 horas.
Neste encontro, e xunto cos responsables do Instituto adscrito á Consellería de Economía e Industria, participará tamén un representante da Sociedade de Garantía Recíproca (SGR) Sogarpo.
A xornada técnica sobre os instrumentos de apoio ás pemes galegas desenvolverase no salón de actos da Confederación de Empresarios de Pontevedra CEP en Vigo (Avda. García Barbón, 104)
|
Deixar unha resposta