Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursase as ensinanzas dos devanditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia.
A relación de ciclos formativos para os que se convocan probas libres de módulos profesionais de títulos extinguidos no curso académico 2013-2014 e a dos centros públicos en que se realizarán as devanditas probas figuran no anexo I desta orde.
Prazo de presentación:
a) Para a primeira convocatoria: do 10 ao 20 de xullo de 2013.
b) Para a segunda convocatoria: do 10 ao 20 de maio de 2014.
Deixar unha resposta