A Secretaría Xeral da Igualdade, convoca para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).
Beneficiariaras
As empresas formadas por mulleres emprendedoras, con domicilio social e establecemento de produción en Galicia, validamente constituídas na data de finalización do prazo de solicitudes e que cumpran os requisitos e as obrigas establecidas nas bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 14 de maio de 2012 para cada liña de axuda. A actividade mercantil será realizada por empresarias autónomas ou sociedades, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, con categoría de microempresas ou pequenas empresas.
Liñas subvencionables
a) Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego indefinido para mulleres por conta propia e allea.
b) Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
c) Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.
d) Liña Concilia: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova ou Activa nas cales existan promotoras con fillas/os menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en idades temperás e/ou nas cales, a través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización, que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenvolvemento sustentable dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a empresa.
Prazo de presentación: ata o 21 de xullo
Deixar unha resposta