A Concellería de Educación en colaboración cos Cursos de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), proponlles que participen no curso “A tradición impresa. A arte galega a través da imprenta, as bibliotecas e as estampas“ dirixido por José M. López Vázquez e Juan M. Monterroso Montero, Facultade de Historia da USC, que se vai desenvolver en Riveira do 22 ao 24 de xullo de 2013.
Este curso universitario de verán é unha actividade homologada como formación permanente do profesorado non universitario, por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; así como recoñecemento de créditos para calquera titulación da USC.
A participación desta Concellería de Educación na organización de actividades de formación universitaria en Riveira, é unha mostra do apoio ao coñecemento como forma de mellora persoal e social, o apoio ao desenvolvemento intelectual da nosa mocidade e veciñanza.
Información e matrícula:
O prazo de matrícula estará aberto ata o día 12 de xullo.
http://www.usc.es/cultura/uverano13cursos.htm#RIBEIRA
Actividade: Curso de verán da USC en Riveira
Título: “A tradición impresa. A arte galega a través da imprenta, as bibliotecas e as estampas“ dirixido por José M. López Vázquez e Juan M. Monterroso Montero, Facultade de Historia da USC
Datas: 22, 23 e 24 de xullo de 2013
Lugar: Salón de Actos do Centro Cultural Lustres Rivas (R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º, 15960 Riveira).
Deixar unha resposta