Beneficiarias: as asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, na área de actuación de igualdade.
Para os efectos desta convocatoria é compatible a solicitude de subvención por parte dunha asociación coa pertenza a unha federación que, así mesmo, solicite a subvención.
Non se considerarán as solicitudes das entidades que non estean inscritas e coa totalidade dos seus datos actualizados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Actividades subvencionables:
– Liña 1, consolidación do movemento asociativo: ata 50.000 euros
– Liña 2, promoción de accións que presten atención á investigación e á recuperación da historia das mulleres: ata 50.000 euros.
– Liña 3, promoción de hábitos de vida saudables: ata 50.000 euros.
– Liña 4, prevención da violencia de xénero e atención ás vítimas: ata 50.000 euros.
Prazo de presentación: ata o 2 de agosto.
Deixar unha resposta