* FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS
– Axuda para a adquisición da condición de socio traballador e pola incorporación de socios traballadores ou de traballo vinculados á empresa por un contrato temporal.
Subvención de ata 5.500 euros por cada persoa desempregada que se incorpore a xornada completa como socio traballador ou de traballo nunha cooperativa ou sociedade laboral e así como no suposto da incorporación como socio traballador ou de traballo das persoas vinculadas á empresa por un contrato temporal. Estas contías incrementarase do seguinte xeito:
– Mozos e mozas entre 16 e 24 anos que carezan de calquera título educativo ou profesional adquirido con posterioridade ao ensino obrigatorio, a contía da axuda incrementarase en 1.000 euros ata un máximo de 6.500 euros.
– Muller desempregada, a contía da axuda incrementarase en 1.500 euros ata un máximo de 7.000 euros.
– Persoas desempregadas prevista en situación de exclusión social previsto na letra g) a contía da subvención incrementarase en 2.500 euros ata un máximo de 8.000 euros.
– Persoas desempregadas e con minusvalía igual ou superior ao 33%, a contía da subvención incrementarase en 4.500 euros ata un máximo de 10.000 euros.
No suposto de que a xornada de traballo do socio ou socia traballador/a ou de traballo incorporado/a sexa a tempo parcial, a contía da axuda será proporcional ao tempo efectivo de duración da xornada.
* FOMENTO DO ACCESO Á CONDICIÓN DE SOCIO/A TRABALLADOR/A
– Axudas destinadas a financiar, parcialmente, a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio/a.
A contía das axudas poderá ascender ata 4.500 euros para a incorporación a unha cooperativa e ata 2.000 € para a incorporación a unha sociedade laboral, sen que en ningún caso poida ser superior á contía que corresponda subscribir en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais de ser o caso, pola incorporación como socio ou socia.
* IMPULSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS COOPERATIVOS E ASISTENCIA TÉCNICA
– Axudas para a contratación de directores ou xerentes.
Subvención de ata o 50% do seu custo, cunha contía máxima de 20.000 euros, por cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral.
– Apoio ás entidades que presten servizos de natureza social e a comunidade.
Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo da incorporación como socios/as ou contratación de traballadores/as sociais, psicólogos/as e outros/as profesionais de especial cualificación que resulten necesarios para a viabilidade da empresa e unha adecuada prestación do servizo. Esta subvención non poderá superar a contía de 20.000 euros por cooperativa.
– Formación empresarial
Esta axuda irá destinada ao financiamento parcial de cursos relacionados con actividades como a de dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías da información e a comunicación. A contía desta axuda será de ata o 75% do custo dos servizos prestados ata o límite máximo de 5.000 euros por beneficiario.
– Asesoramento e acompañamento de proxectos
Poderán outorgarse subvencións para o asesoramento e acompañamento de proxectos, que comprenderá desde a realización de actividades previas ao inicio da actividade, tales como a orientación do proxecto e accións formativas e informativas do grupo promotor, ata a elaboración do plan empresarial da cooperativa, o seu seguimento e asesoramento na execución. O número de horas dedicadas ao acompañamento do proxecto, que non será inferior a 200 horas anuais. A contía da subvención ascenderá a 30 euros por hora de información, formación ou asesoramento por cada proxecto. O número mínimo de persoas asesoradas por proxecto será de tres.
– Outras accións de Asistencia técnica.
Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo da posta en marcha dos proxectos que se indican a continuación, ata un máximo de 7.000 euros, cos seguintes límites particulares:
– Asistencias técnicas consistentes na elaboración de estudos de viabilidade, de organización, de comercialización, auditorías e outros informes de natureza análoga ata un máximo de 3.000 euros.
– Asesoramento para a elaboración dos estatutos sociais e regulamentos de réxime interno ata un máximo de 2.000 euros.
– Formalización e inscrición da escritura pública e demais trámites derivados do proceso de constitución da cooperativa ata un máximo de 2.000 euros.
– Actividades de intercooperación e integración cooperativa.
Poderase conceder unha axuda para realización de actividades de intercooperación realizadas de forma conxunta por catro ou máis entidades de economía social e que teñan como finalidade o lanzamento dun proxecto de colaboración empresarial para a consecución de obxectivos comúns relacionados coa investigación, desenvolvemento e innovación, as tecnoloxías da información e as comunicacións, a comercialización conxunta e a internacionalización, subvencionando parcialmente os gastos necesarios para a súa realización.
Actividades subvencionables:
Organización de actividades divulgativas e formativas da intercooperación
Celebración de encontros, seminarios e reunións das entidades participantes nos procesos de colaboración e dos seus socios e traballadores.
Elaboración dos estudos e informes precisos para o impulso dos proxectos de colaboración entre entidades de economía social.
Elaboración de proxectos de intercooperación e integración.
Presenza conxunta das entidades participantes nos procesos de colaboración en feiras, mostras e congresos.
Mantementeo de sistemas e redes telemáticas para a colaboración empresarial e para a xestións dos proxectos, así como para a xestión empresarial conxunta, comercio electrónico e accións de carácter análogo.
O importe desta axuda non poderá superar o 75% dos gastos necesarios para o inicio da actividade, cun máximo de ata 5.000 por cada entidade participante e un límite máximo global de 20.000 euros por solicitude.
Prazo: ata 19 de xullo
Deixar unha resposta