Axudas para agrupacións de produtores de plantas


floresAxudas destinadas ás agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura, (en diante agrupacións de produtores), co fin de mellorar a competitividade das súas producións sempre que o seu emprego sexa ornamental e de fomentar accións comúns entre os socios das agrupacións de produtores.
Convocatoria (DOG nº 137 do 19 de xullo de 2013)

As liñas de axuda serán as seguintes:

1. Axudas aos investimentos en explotacións e para a mellora da súa comercialización
O obxecto destas axudas é realizar melloras da produción e a comercialización, concentrar e adaptar a oferta á demanda e reducir os custos de produción.

Actuacións subvencionables
Poderá ser obxecto de subvención calquera das actuacións contidas nun plan de acción que contribúa aos obxectivos establecidos no artigo 4 desta orde.
As actuacións subvencionables figuran na lista non exhaustiva do anexo VII da presente orde.
No entanto, non se concederán axudas para:
a) A adquisición de material vexetal.
b) Simples investimentos substitutivos.
c) Complementos directos dos prezos percibidos polos produtores.
d) Compra de material de segunda man.

As actuacións poderán realizarse nas instalacións da agrupación de produtores ou nas dos propios socios. As devanditas instalacións deberán ser propiedade da agrupación de produtores ou dos socios. No entanto, as instalacións onde leven a cabo os investimentos poderán ser arrendadas sempre que exista un contrato de arrendamento de, polo menos, 5 anos de duración.

As actuacións en infraestruturas e equipamentos deben respectar a lexislación vixente en materia de impacto ambiental.

2. Axudas para fomentar a produción de produtos de calidade
O obxecto destas axudas é mellorar a calidade das plantas vivas e produtos da floricultura co fin de incrementar o seu valor comercial.

Actuacións subvencionables
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións, sempre que teñan por finalidade o fomento de produtos agrícolas de calidade:
a) Actividades de estudo de mercado, de creación e concepción de produtos.
b) Implantación de métodos de garantía de calidade, como as series ISO 9000 ou 14000, sistemas baseados en análises de riscos e puntos críticos, sistemas de rastrexabilidade, sistemas para garantir o respecto de normas de comercialización ou sistemas de auditoría ambiental, ou calquera outro sistema de produción de calidade cuxa finalidade sexa a de que, mediante mecanismos de control encomendados a entidades independentes, se achegue a máxima garantía de rastrexabilidade, calidade e información ao consumidor sobre os produtos de plantas vivas e produtos da floricultura, con exixencias diferentes ás establecidas pola lexislación básica sobre o devandito sector, e que impliquen unha ou máis fases da produción e a comercialización.
c) Certificación inicial dos sistemas establecidos na letra b) deste número.
As axudas concederanse só respecto aos custos de servizos prestados por terceiros.
Non serán subvencionables os gastos relacionados con investimentos.

3. Axudas á formación
O obxecto destas axudas é fomentar actuacións de formación do sector das plantas vivas e produtos da floricultura.

Actuacións subvencionables
a) Educación e formación de agricultores e traballadores agrarios e, en concreto, poderán ser subvencionables os custos de organización do programa de formación, os gastos de viaxe e axudas de custos dos participantes.
b) Organización e participación en foros de intercambio de coñecementos, concursos, exhibicións e feiras específicas do sector de plantas vivas e produtos da floricultura para uso ornamental. En concreto, serán subvencionables os gastos de viaxe, o custo das publicacións necesarias, o aluguer dos locais de exposición e premios simbólicos por un valor máximo de 250 euros por premio e gañador.
c) Publicacións como catálogos ou sitios web que presenten información sobre os produtores dunha rexión determinada ou dun produto determinado, sempre que a información e a súa presentación sexan de carácter neutro e que todos os produtores interesados teñan as mesmas posibilidades de estar representados na publicación.
A axuda non poderá consistir en pagamentos directos en efectivo aos produtores.

Lista de actuacións subvencionables no marco das axudas ao investimento:

A) Investimentos en explotacións.
1. Melloras nos sistemas de rega, almacenamento, condución e tratamento de auga.
2. Mellora de invernadoiros.
3. Construcións auxiliares, como vías de acceso ás explotacións, almacéns en campo etc.
4. Outras infraestruturas das explotacións, como estruturas de soporte e condución de cultivos, sistemas para prevención da xeada e da sarabia etc.
5. Maquinaria de produción, clasificación, manipulación, refrixeración etc. nas explotacións.
6. Adquisición/construción de naves, centrais destinadas á produción.
7. Custos xerais relacionados cos gastos indicados nos números anteriores, como os honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores e os estudos de viabilidade.

B) Investimentos para a mellora da comercialización.
1. Maquinaria necesaria para a comercialización: clasificación, manipulación, refrixeración etc.
2. Adquisición/construción de naves, centrais destinadas á comercialización.

Prazo de presentación: ata o 19/08/2013.

Advertisements
Etiquetado con: ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,752 visitas
Calendario empreg@
Xullo 2013
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Asesor Financiero 27 Xullo, 2017
  • Responsable de Sistemas 27 Xullo, 2017
  • Espècialista en Belleza Spa In Reino Unido 27 Xullo, 2017
  • Auxiliar Administrativo/a. Inglés B2. 27 Xullo, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Auxiliar Administrativo/a. Inglés B2. 27 Xullo, 2017
  • COMERCIAL TELEFONÍA Y CENTRALITAS PARA GALICIA 27 Xullo, 2017
  • CONSULTOR/A SQL CON FINANCIERO 27 Xullo, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: