Axudas a autónomos pola contratación indefinida


autonomos_grupo

Obxecto
Incentivar á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2012 e o 30 de setembro de 2013 ambas inclusive.

Persoas Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Colectivos subvencionables

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo ou a tempo parcial realizadas por persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contías
As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:

Primeira persoa traballadora indefinida:

a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado.

b) 5.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos ou dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.

c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.

d) 6.000 € cando se trate dunha moza desempregada de 30 ou menos anos ou dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa parada de longa duración.

Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:

a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.

b) 6.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos ou dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.

c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.

d) 7.000 € cando se trata dunha moza desempregada de 30 ou menos anos ou dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.

Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
Prazo de solicitudes

As axudas previstas neste programa poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral de carácter indefinido.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2013, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data da publicación desta orde (12/06/2013), poderán presentarse no prazo dun mes desde a data de publicación da orde reguladora (12/07/2013).

Atención empregue a ferramenta de axuda ao recheo da solicitude que ten á súa disposición:  Sede electrónica

Advertisements
Etiquetado con: , , , , , ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.183 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 270,954 visitas
Calendario empreg@
Xullo 2013
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Delegado/a Comercial Equipos Hospitalarios 11 Decembro, 2017
  • COMERCIAL DE APARATOLOGÍA ESTÉTICA Y COSMÉTICA 11 Decembro, 2017
  • Teleoperadores/as - Italiano 11 Decembro, 2017
  • Customer Service / Shop  Assistants – Exeter - UK 11 Decembro, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Representante Telecomunicaciones 1600€/MES+GASTOS 11 Decembro, 2017
  • Dependiente/a 11 Decembro, 2017
  • Comercial estable fijo + comisiones A Coruña 11 Decembro, 2017
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: