Programa de incentivos á contratación temporal
- Obxecto
As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2012 e o 30 de setembro de 2013, ambas inclusive.
Contratacións subvencionables
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións temporais que se realicen polas entidades colaboradoras con aquelas persoas desempregadas que teñan a consideración de participantes activas nos programas de fomento da empregabilidade.
Todas as modalidades contractuais de carácter temporal, cunha duración mínima de 6 meses e máxima de 12 meses, que se realicen con persoas desempregadas que pertenzan a algún dos colectivos en risco de exclusión social relacionados no artigo 2º.2 da orde de convocatoria incentivaranse cunha contía de 2.500 euros a 5.000 euros en función da duración do contrato.
Contratos de interinidade sempre que se realicen con persoas desempregadas de acordo co establecido no artigo 2º.1 desta orde, para substituír persoas traballadoras en excedencia por coidado de familiares, nos supostos e termos previstos no artigo 46º.3 do Estatuto dos Traballadores, por un período non inferior a catro meses nin superior a tres anos, e sempre que en virtude de disposición legal ou convenio colectivo de aplicación se trate dunha excedencia con reserva de posto de traballo, ou con redución de xornada de traballo por motivos familiares nos supostos e termos previstos no artigo 37º.5 do Estatuto dos Traballadores, incentivaranse cunha axuda de 2.000 euros, que se reducirá proporcionalmente cando a súa duración sexa por un período inferior a un ano.
Prazo de solicitudes
As axudas previstas neste programa poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2013, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2012 e a data da publicación desta orde (6/06/2013), poderán presentarse no prazo dun mes desde a data de publicación da orde reguladora (6/07/2013).
Atención: empregue a ferramenta de axuda ao recheo da solicitude que ten á súa disposición na Sede electrónica
Deixar unha resposta