Convocatoria 2013 Orden IET/2196/2012
Obxecto: convócase en colaboración coa Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América, unha beca de formación ou de investigación para o curso 2014/2015 cunha duración máxima de doce meses que en ningún caso poderá superar a data límite de final de decembro de 2015. O proceso de selección e a súa resolución efectuaránse no ano 2013, a concesión definitiva e o pago levarase a efecto no exercicio 2014.
As asignacións da bolsa quedan distribuídas do seguinte xeito:
Asignacións básicas
a) Asignación mensual bruta de 2.300 euros.
b) Axuda de viaxe de ida e volta de 2.000 euros.
c) Importe da matrícula, taxas e seguro médico obrigatorios da universidade ata un máximo de 26.000 euros, ou, alternativamente, axuda para gastos derivados do proxecto de investigación ata un máximo de 5.000 euros.
d) Importe dun curso de orientación académica previo ao inicio da Bolsa, se o organismo colaborador nos Estados Unidos, «Institute of International Education» (IIE), o considera oportuno a partir do estudo dos expedientes de solicitude de ingreso nas universidades. Estes gastos de matrícula serán cubertos polo Goberno estadounidense, así como os gastos de manutención, aloxamento e os básicos durante o período do curso de orientación e o tempo que sexa necesario ata o inicio do curso universitario, todo iso segundo dispoña o organismo (IIE) antes mencionado.
e) Subscrición, por parte do Goberno estadounidense, dun seguro de enfermidade e accidentes cunha cobertura máxima de 100.000 dólares do que queda excluído o tratamento de enfermidades preexistentes e os servizos de Odontoloxía
Asignacións complementarias
a) Os beneficiarios recibirán durante todo o período da bolsa 150 euros ao mes por un familiar acompañante que teñan legalmente ao seu cargo.
b) Así mesmo, o familiar antes referido percibirá unha axuda de 50 euros ao mes para a subscrición doutro seguro médico similar ao que gozará o bolseiro, descrito no apartado 4.1. º e) anterior.
c) Unha asignación fixa de 600 euros por un familiar que acompañe ao bolseiro, en concepto de axuda para a viaxe de ida e volta.
Prazo de presentación: ata o 14 de outubro de 2013.
Deixar unha resposta