Informámoslle que Turgalicia colabora con PREDIF na organización do seguinte curso:
TURISMO ACCESIBLE E ATENCIÓN AO CLIENTE CON DISCAPACIDADE OU OUTRAS NECESIDADES DIVERSAS
O obxectivo do curso é a formación e sensibilización para mellorar a atención ofrecida ás persoas con discapacidade nos establecementos e destinos turísticos, así como ofrecer ferramentas para auto-diagnosticar a accesibilidade dos establecementos turísticos, xestionar o seu mantemento e poñer en marcha actuacións de mellora.
DATAS: 1 e 2 de outubro de 2013
DESTINATARIOS
– Estudantes das titulacións de turismo, hostalería ou outras carreiras relacionadas.
– Profesionais do sector turístico das administracións públicas e/ou as empresas turísticas.
LUGAR
Centro Superior de Hostalería de Galicia
Estrada Santiago – Noia Km1 (A Barcia)
15896 Santiago de Compostela
Inscrición e mais información na web www.turgalicia.es, no apartado Sector Profesional – Cursos de formación.
Deixar unha resposta