AXUDAS DO IGAPE PARA APOIAR AS ESTRATEXIAS DE INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS DO SECTOR TÉXTIL
A Consellería de Economía e Industria convocou, a través do Igape, as axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil, Visión 2020. A correspondente convocatoria faise en réxime de concorrencia competitiva.
Serán apoiables actuacións de difusión fóra de Galicia, actuacións de promoción, tamén fóra da Comunidade Autónoma, e actuacións orientadas ao acceso a mercados exteriores.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o próximo 19 de setembro.
Máis información: 902 300 903
Deixar unha resposta