ÚLTIMAS PRAZAS!!…AMPLIADO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O XOVES DÍA 10, ÁS 13.30h.
A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, a través da súa Oficina de Fomento Cooperativo, organiza unha nova visita, nesta ocasión, á cooperativa agrícola HORSAL. Esta actividade, de carácter gratuíto, enmárcase dentro dun programa de visitas a diversas cooperativas que se desenvolverán durante o mes de outubro.
A visita á cooperativa HORSAL vaise celebrar o vindeiro luns día 14 de outubro en horario de 16.00h a 20.00h.
A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte porá un servizo de autobús gratuíto a disposición de todos os interesados. O prazo de inscripción para poder participar remata o día 8 de outubro ás 13.30h.
Deixar unha resposta