¿Qué podo facer para mellorar o meu negocio? ¿Que fago coas ideas? ¿ Cal e a miña visión empresarial ? ¿Cómo podo aumentar a miña clientela? ¿Cómo podo dinamizar os meus productos e servizos?
Podes darlle resposta á estas preguntas no taller “Activa o teu negocio”
Con este taller pretendese ESPERTAR a conciencia de CAMBIO dos empresarios/as.
PERSOAS DESTINATARIAS
Este taller está destinado a empresarios/as que queiran dar un cambio e mellorar o seu negocio cara unha dirección que os leve a saír da zona de confort e poder establecer novas accións e actitudes.
O perfil está aberto a todo tipo de empresas: restaurantes, bares, casas rurais, hoteis, salóns de beleza e estética, vivendas vacacionais, axencias de viaxes, pensións, fisioterapeutas, masaxistas, de ocio e tempo libre, etc
OBXECTIVOS
Ofrecer recursos de mellora de negocio
Aplicar diversas técnicas de motivación para a mellora do negocio
Potenciar o emprendemento dentro do propio negocio
Ofrecer accións dirixidas a que o empresariado aumente a súa clientela publicitando e dinamizando os seus produtos e servizos a partir dun concepto de márketing vivencial e de impacto
CONTIDOS
Taller de márketing vivo, como estratexia de marketing cara o cambio e por tanto de obter novas metas no noso negocio.
¿QUE ESTÁ PASANDO? – Aproximación á realidade do mercado na actualidade.
¿QUE ESTOU FACENDO? – Análise da actividade da miña empresa
RESULTADOS – Observación persoal de resultados
XENERACIÓN DE IDEAS – Técnicas de creatividade
Experiencia de casos e plan de acción próximos no que souberon enfocar o negocio con outra visión.
DATA, LUGAR E HORARIO
Data: 30/10/2013
Lugar: Restaurante Chicolino (Exipto – Boiro)
Horario: de 17.00 a 20.00 h
PREZO
O taller é gratuíto, está financiado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte
BASES DE ADMISIÓN, SOLICITUDES E PRAZO DE INSCRICIÓN
As solicitudes de inscricións remitiranse á Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (Praza de Galicia, sn 15930 – Boiro) ou mediante correo electrónico: correo@arousa-norte.es
O prazo de inscrición: remata o día 24/10/2013
DOCUMENTACIÓN
Deixar unha resposta