Feira Ponteemprego


emprego oportunidadesPONTEVEDRA ACOLLERÁ OS DÍAS 23 E 24 DE OUTUBRO A SEGUNDA EDICIÓN DA FEIRA PONTEEMPREGO

 

Pontevedra acollerá os vindeiros 23 e 24 de outubro a segunda edición da feira de emprego PONTEEMPREGO, que se desenvolverá no Pazo da Cultura en horario de 10:00 a 14:00 e de 16.30 a 19.30 horas coa simple pretensión de axudar ás persoas que buscan emprego.

Esta iniciativa da concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo de Pontevedra pretende ser un escaparate das novas fórmulas que ofrece o mercado laboral para atopar traballo, non só para as persoas que están sen emprego, senón tamén para aquelas que buscan a súa primeira colocación, desexan cambiar de ocupación ou pensan en mellorar a súa situación laboral.

A sede de PONTEEMPREGO será o Pazo da Cultura, que se convertirá no lugar de encontro entre diferentes propostas empresariais, iniciativas emprendedoras e persoas en busca activa de emprego para comunicarse, debater, achegar ideas, encontrar talento, xerar sinerxías, favorecer contactos e colaboracións…

 

Bolsa de contratación

No ámbito de intermediación laboral, PONTEEMPREGO  volverá a contar este ano cunha Bolsa de Contratación na que participarán os candidatos xa pre-seleccionados polas empresas.

Ata o luns 14 de outubro permanecerá aberto o prazo de recepción de ofertas de emprego para esta bolsa de emprego. A relación completa das vacantes publicarase dous días despois, o mércores 16, a través do boletín electrónico PONTEemprego, que se poderá descargar na web www.proxectoiles.es. Neste boletín indicaranse os requisitos e condicións establecidas para cada posto, así como o contacto e prazo tope para o envío do currículo, e o número de referencia da oferta (cuxa especificación será imprescindible á hora de remitir a candidatura).

Unha vez pechado o prazo de inscrición, e comprobado a idoneidade dos demandantes de emprego ás esixencias requiridas nos postos ofertados, serán as empresas participantes na Bolsa de Contratación as que concertarán o seu propio proceso de selección, citando individualmente os candidatos seleccionados. Para poder confeccionar estas axendas, e garantir a calidade do proceso de recrutamento, non se recollerán currículos os días da feira.

 

Inscrición online para o programa de formación

Ademais dun área de exposición, tamén deseñouse un completo programa de formación con conferencias, mesas redondas e nove obradoiros de mellora da empregabilidade cuxo programa pode consultarse no seguinte enlace

Programa de Ponencias e Obradoiros

Estas actividades gratuítas ofrécense en distintos horarios cun número limitado de participantes por sesión, polo que é imprescindible a inscrición previa que será cuberta por rigorosa orde de chegada. As solicitudes poderán realizarse ata o día 21 de outubro, a través da páxina web http://proxectoiles.eu/candidato.asp

Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.182 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 269,779 visitas
Calendario empreg@
Outubro 2013
L M M X V S D
« Sep   Nov »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
  • Director/a Comercial Franquicia 5 Decembro, 2016
  • Country Manager/ Sales Director- Iberia 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • Vendedor@s 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Operador Central Receptora de Alarmas 5 Decembro, 2016
  • Técnico/a Soporte Automatización Inglés Alto 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: