UGACOTA organiza a actividade “Mellorando a nosa comunicación comercial”
Será o luns 28 de outubro, en sesión matinal , de 9.30 a 14 h.
Compartiremos coñecementos, experiencia, estratexias, coñecerás outros proxectos cooperativos, novos enfoques, outros puntos de vista …, ao redor da comunicación comercial. Contaremos coa consultora Suma Importancia, para impartir e dinamizar esta sesión, con Juan José Romero Crusat e con Roberto Pérez Marijuán.
Están experimentados en actuar no ámbito do marketing e as vendas.
Dirixido prioritariamente a cooperativas, aínda que se hai prazas disponibles, e despois de atender ao público preferente, tamén aberto a outras entidades de economía social e público interesado.
Estableceuse unha cota de inscrición para participar no encontro, pódese consultar no programa.
Máis información e inscripcións nos seguinte enlace
Deixar unha resposta