Acreditación de competencias profesionais


acreditación de competenciasConvocatoria

Obxecto: convocatoria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 1.800 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 500 prazas.

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 500 prazas.

– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 100 prazas.

– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 300 prazas.

– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.

– Información xuvenil (SSC567_3) : 100 prazas.

Requisitos:

1. As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española; encontrarse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.

b) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.

c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

c.1) No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.

c.2) No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.

d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicita a súa inscrición. Non posuír un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita. Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.

2. Os candidatos, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados na base 6 desta resolución, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral ou aprendizaxes non formais de formación. A Dirección Xeral de Emprego e Formación estudará estes casos e decidirá sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Prazo de inscrición:

-Para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2); atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2); servizos para o control de pra­gas (SEA028_2) e información xuvenil (SSC567_3) será ata o 12 de decembro de 2013.

-Para as unidades de competencia das cualificacións profesio­nais de socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2) e socorrismo en instala­cións acuáticas (AFD096_2) abranguerá desde o 1 ao 31 de marzo de 2014, inclusive.

 

Puntos de información:

– Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

– Nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

– Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

– Na Fundación Galega da Formación para o Traballo.

– No Instituto Galego das Cualificacións.

Etiquetado con: , ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.182 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 269,779 visitas
Calendario empreg@
Novembro 2013
L M M X V S D
« Oct   Dec »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
  • Director/a Comercial Franquicia 5 Decembro, 2016
  • Country Manager/ Sales Director- Iberia 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • Vendedor@s 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Operador Central Receptora de Alarmas 5 Decembro, 2016
  • Técnico/a Soporte Automatización Inglés Alto 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: