Xornadas Inicia e Crea


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia realizará durante o mes de novembro unhas xornadas formativas para apoiar aos mozos e mozas na xestión de proxectos que queiran emprender. Preténdese que estas xornadas sexan un punto de encontro empresarial que englobe as últimas tendencias aplicables a tódalas áreas da empresa, para aportar claves sobre as novas técnicas que afronten con éxito a xestión empresarial, facendo fincapé nos emprendedores e naqueles xóvenes que desexen dar continuidade as empresas familiares mediante o relevo xeracional  e lles falten as ferramentas necesaria para elo.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de  Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade, promovendo actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.

Son socios neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português da Juventude e Deportes, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.

Prazas por xornada: máximo 20 e mínimo 10 persoas.

Inscricións: ata dous días antes da data de celebración de cada xornada

Os/as participantes serán seleccionados/as por orden de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionado/a para participar.

Datas e lugar de realización:

Lugar de realización Localidade Datas de realización
Residencia xuvenil Altamar (Vigo) R/ Cesáreo González, s/n – Vigo (Pontevedra) 6 e 7 de novembro
Espazo Xove de Ourense R/ Celso Emilio Ferreiro, 27 – Ourense 12 e 13 de novembro
Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa R/ Xoan Carlos I, nº 37 – Vilagarcía de Arousa 14 e 19 de novembro
Oficina da Eurocidade Chaves – Verín Antigo Posto Transfronteirizo, Feces de Abaixo (Verín) 20 e 21 de novembro
Espazo Xove de Lalín R/ Pena Toares, 2 – Lalín 26 e 27 de novembro
Proxecto ILES-Concello de Pontevedra R/ Avda das Camelias, 3 Pontemuiños  (Pontevedra)

 

28 e 29 de novembro

 

Xornadas:

1. FINANCIA O TEU NEGOCIO

Obxectivo: dar a coñecer as distintas posibilidades de financiación alternativas para a creación de novas empresas.

Resultados que se pretenden: que tras a súa asistencia á xornada o/a asistente:

-detecte os puntos esenciais  a ter en conta a hora de presentar os datos financeiros para conseguir financiación.

-coñeza a forma de controlar o seu estado financieiro.

-aprenda a realizar un orzamento de forma sinxela.

-determine cales son as formas de financiación que máis se adecúan as súas necesidades.

Programa:

  • Como financiar unha inversión
  • Métodos alternativos de financiación
  • As alianzas estratéxicas
  • Relacións coas entidades financeiras
  • Consellos financeiros para os autónomos
  • Xestión de axudas e subvencións.

Duración: 3 horas, en horario de 17 a 20 horas e Pontevedra de 10 a 13 horas

Destinatarios: mozos e mozas emprendedores con idades entre os 18 e 30 anos.

2. CLAVES PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DA TÚA EMPRESA

Obxectivo: orientar ao asistente tanto no proceso de selección dos mercados obxectivos para realizar o proceso de internacionalización  como na organización dos recursos para o seguemento das súas actividades internacionais

Resultados que se pretenden: que tras a súa asistencia á xornada o/a asistente aprenda a:

-seleccionar os mercados de traballo

-organizar os recursos para o seguimento das actividades internacionais.

– e – comercializar

-seleccionar aos intermediarios locais.

-comercializar os seus  produtos  nun entorno distinto.

Programa:

  • Como avaliar o potencial que ten a empresa propia para internacionalizar
  • Creación e implantación da estratexia para internacionalizar.
  • Deseño dos canais de distribución
  • Establecemento dos obxectivos comerciais
  • A campaña de comunicación.
  • Claves para e –comercializar

Duración: 3 horas

Destinatarios: xóvenes emprendedores con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, que xa teñan constituído unha empresa ou que proxecten facelo nun futuro inmediato e que contemplen a internacionalización dos seus proxectos empresariais como unha vía de expansión.

roteiros.ctb@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Teléfonos  981 544 645 e 981 545 937

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.182 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 269,817 visitas
Calendario empreg@
Novembro 2013
L M M X V S D
« Oct   Dec »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
  • Para Arabia Saudi •Carpinteros de talla en madera de forma manual 10 Decembro, 2016
  • Gerente oficina financiera. 10 Decembro, 2016
  • Preventa 10 Decembro, 2016
  • Educadores infantiles para escuelas en Reino Unido 10 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Personal para Coruña 10 Decembro, 2016
  • APRENDIZ DE COMERCIAL suedo mínimo 1800 euros 10 Decembro, 2016
  • TELEOPERADORES/AS RECEPCIÓN DE LLAMADAS.NAVIDAD 9 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: