Programa de Bolsas Vulcanus en Xapón
O programa Vulcanus consiste na realización de prácticas industriais por estudantes da UE. Empeza en setembro e termina en agosto do ano seguinte para axustarse ao ano académico nos Estados membros da UE.
Os estudantes realizan un seminario dunha semana en Xapón, un curso intensivo de xaponés de 4 meses e unhas prácticas nunha empresa xaponesa durante 8 meses.
Os solicitantes deben ser: nacionais da UE; estudantes universitarios a partir do cuarto ano ou de post-grao, da rama de enxeñería ou ciencias (Informática, enxeñería, química, biotecnoloxía, física, telecomunicacións, sistemas de produción,… ) inscritos nunha universidade europea durante o ano académico corrente.
Os estudantes reciben unha bolsa (1.900.000 yen) para a viaxe de ida e volta e os gastos básicos de manutención en Xapón.
• Data límite de envío de candidaturas: 20 de Xaneiro 2014.
Más información: http://www.eu-japan.eu/sites/eu-japan.eu/files/FLYER_es%20vj14.pdf / http://www.eu-japan.eu/vulcanus-japon-0
Deixar unha resposta