Obxecto:
A creación dun novo establecemento, a ampliación dun establecemento existente, a diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente, que supoñan un investimento subvencionable igual ou superior a 200.000 euros
Requisitos:
a) Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presenten un custo subvencionable superior a 35.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
“Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda. Considerarase que non se cumpre esta condición cando unha persoa no momento da solicitude figure de alta no RETA cunha antigüidade superior a un ano ou teña unha participación igual ou superior ao 25 % noutra sociedade mercantil”
Liñas de axuda:
- Liña de axuda ao investimento para a creación dun novo establecemento, ampliación, diversificación da produción ou cambio no proceso de produción, dirixida a proxectos en actividades dos sectores da industria, turismo, transporte e servizos de apoio industrial (procedemento IG100).
- Liña de axuda para proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego, dirixida a actividades terciarias destinadas ao consumo por terceiros ou unidades produtivas da mesma empresa ou grupo empresarial e que deberán caracterizarse polos altos requirimentos de capital humano e tecnolóxico (procedemento IG101)
Contía da axuda:
Co límite máximo do 50% de intensidade de axuda sobre os conceptos subvencionables, a porcentaxe da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula: 5 + (50 x (puntos por baremación proxecto/200) + (puntos pola contratación de persoas de colectivos con dificultades de acceso ao emprego) + (Puntos subvención adicional polígono industrial)
Non obstante, establécese un importe máximo de axuda, por empresa e proxecto, de 2.000.000 euros.
a) Como regra xeral:
– Ata o 30% para grandes empresas.
– Ata o 40% para medianas empresas.
– Ata o 50% para pequenas empresas.
b) Ata o 30% para empresas do sector do transporte.
Prazo: remata o 30 de abril de 2014
Deixar unha resposta