CONTRATACIÓN DE XESTORES IGAPEX DE INTERNACIONALIZACIÓN (2014)
Obxecto: facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a formación de especialistas en comercio exterior e a súa incorporación ao mercado laboral.
Beneficiarios:
a) As sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, que teñan un proxecto de internacionalización da propia empresa solicitante e que dispoñan dun DIAGNÓSTICO POSITIVO do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas do Igape. No caso de non dispoñer deste diagnóstico deberá solicitalo ao Igape ao mesmo tempo que presente a solicitude de axuda.
b) Os organismos intermedios:
– Asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers empresariais (con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro) que representen a un colectivo de empresas galegas, que estean domiciliados en Galicia e que teñan un proxecto de internacionalización dirixido ás empresas definidas no apartado a) do artigo 4.1.
– Centros de tecnoloxía e centros de apoio á innovación tecnolóxica (con personalidade xurídica propia), inscritos con anterioridade ao 31/12/2013 no Rexistro establecido para o efecto, que estean domiciliados en Galicia e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar a súa internacionalización.
Contía:
A contía da axuda para os contratos laborais que se formalicen -a tempo completo ou parcial, cumprindo os requisitos destas bases, será do 75% do salario bruto anual. O límite máximo de axuda é de 15.000 se o centro de traballo de destino do xestor está en Galicia; e de 25.000 € se o centro de traballo se atopa no estranxeiro.
Prazo: comezará o día 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 3 de febreiro de 2014.
Deixar unha resposta