4 Bolsas de formación


A Dirección Xeral de Comercio convoca 4 bolsas de formación.

Convocatoria

Obxecto: contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito.

Características:

O programa formativo integrará principalmente aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias sobre as cales o centro directivo ten competencia e, en concreto, a artesanía.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2014 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación das persoas bolseiras ata o 30 de decembro. 

Así mesmo, a Dirección Xeral de Comercio nomeará un/unha titor/a responsable das actividades de formación que desenvolverán as/os bolseiras/os.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800,00 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes

 

Requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2005 ou posterior.

d) Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio.

e) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.

Valoraranse en 3 puntos os seguintes estudos de Licenciatura ou Grao en: Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Dirección e Xestión Pública, Comercio e Márketing, Publicidade e Relacións Públicas ou equivalentes.

Prazo: ata o 9 de febreiro.

Máis información:

a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es), na súa epígrafe de axudas.

b) No teléfono 981 54 55 99 da devandita dirección xeral.

c) No enderezo electrónico cei.dxcomercio@xunta.es

Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.182 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 269,817 visitas
Calendario empreg@
Xaneiro 2014
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
  • Para Arabia Saudi •Carpinteros de talla en madera de forma manual 10 Decembro, 2016
  • Gerente oficina financiera. 10 Decembro, 2016
  • Preventa 10 Decembro, 2016
  • Educadores infantiles para escuelas en Reino Unido 10 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Personal para Coruña 10 Decembro, 2016
  • APRENDIZ DE COMERCIAL suedo mínimo 1800 euros 10 Decembro, 2016
  • TELEOPERADORES/AS RECEPCIÓN DE LLAMADAS.NAVIDAD 9 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: