A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de abrir o prazo para a solicitude de cursos preparatorios para as probas CELGA 2014, que se realizarán nos meses de abril e maio nos concellos que o soliciten, sendo a Secretaría Xeral en función da demanda de formación e dos recursos dispoñibles, quen planificará a programación dos cursos así como tamén os niveis que se van impartir, localidade, datas e os horarios de realización.
Dende os concellos de Arousa Norte tense previsto solicitar estes cursos preparatorios, máis un dos requisitos para poder participar é a relación de 20 persoas preinscritas en cada curso.
Se estás interesado/a na realización dalgún curso preparatorio CELGA debes preincribirte en ata o venres 21 de febreiro en:
-A Pobra: nas oficinas do Concello de luns a venres en horario laboral. Tlf 981830250.
-Rianxo: nas oficinas da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo (Rúa Autores da Rianxeira s/n-tlf 981 100 68 ou enviando un correo electrónico á cultura@concelloderianxo.es onde indiques:
- Nivel do Celga no que estarías interesado/a
- Nome e apelidos
- DNI ou Pasaporte
- Teléfono de contacto
- Correo electrónico
-Ribeira: no Servizo de Normalización Linguística do Concello de Ribeira, situado no Centro Cultural Lustres Rivas (teléfono: 981 835 650, email:normalizacion@riveira.com). Xa hai setenta persoas apuntadas, que tiñan formalizada previamente a súa preinscripción.
-Boiro: na Casa da cultura “Ramón Martínez López” , tlf 981848425 ou cultura@boiro.org
Deixar unha resposta