Axudas para emigrantes galegos


Convocatoria

-Obxecto: programa de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social para o ano 2014 en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro establecidos no artigo 3.2 desta resolución, que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.

-Beneficiarios:

1. Os emigrantes galegos e os seus fillos maiores de 18 anos que posúan a condición de galegos residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte deste punto, e que o acrediten segundo o establecido no artigo 14 desta resolución.

Para os efectos da presente convocatoria terán a condición de galegos residentes no exterior aqueles emigrantes que teñan nacido en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como tamén os seus fillos maiores de dezaoito anos que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior.

2. Os netos de emigrantes galegos, maiores de 18 anos, que teñan a condición de galegos residentes no exterior, que teñan nacionalidade española, que se encontren vinculados con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior e que acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.

3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos números 1 e 2, poderán ser beneficiarios por unha única vez das axudas previstas no artigo 5 desta resolución o seu cónxuxe viúvo, os fillos, a parella de feito ou relación análoga, sempre que non transcorresen máis de quince meses desde o falecemento.

4. Os fillos e netos de emigrantes galegos deberán ter a vinculación con Galicia, cando menos, cun ano de antigüidade.

-Requisitos xerais dos solicitantes:

1. Acreditar a condición de beneficiarios de acordo co que se dispón no artigo 2 desta resolución.

2. Residir nun país do estranxeiro en que o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación económica por ancianidade no ano anterior ao da convocatoria.

3. Carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes.

-Contía das axudas: para os beneficiarios de países que teñan asinados convenios en materia de seguridade social co Estado español estará limitada cunha cota inferior de 350 € e unha cota superior de 800 €. Non obstante, se o número de solicitudes admitidas fose tal que a contía individual por axuda resultase inferior a 350 €, denegaríanse aquelas solicitudes correspondentes ás persoas de menor idade ata acadar o dito mínimo de 350 €.

Para os beneficiarios dos países que non teñan asinados convenios en materia de seguridade social co Estado español, a contía da axuda estará limitada cunha cota inferior de 150 € e unha cota superior de 400 €. Non obstante, se o número de solicitudes admitidas fose tal que a contía individual por axuda resultase inferior a 150 €, denegaríanse aquelas solicitudes correspondentes ás persoas de menor idade que solicitasen a axuda polo suposto do artigo 4 desta resolución (axudas por encontrase a unidade familiar en situación de precariedade), ata acadar o dito mínimo de 150 €.

Prazo: ata o 1 de abril.

Etiquetado con:
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.182 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 269,779 visitas
Calendario empreg@
Febreiro 2014
L M M X V S D
« Jan   Mar »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728  
  • Director/a Comercial Franquicia 5 Decembro, 2016
  • Country Manager/ Sales Director- Iberia 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • Vendedor@s 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Operador Central Receptora de Alarmas 5 Decembro, 2016
  • Técnico/a Soporte Automatización Inglés Alto 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: