Axudas para a mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2014
As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria
O custo total de cada actividade inclúe:
• Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
• Os gastos de docencia e o material escolar.
• As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
• Os gastos de mantenza e aloxamento.
• O certificado de realización da actividade.
• O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2013/14, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2012/13.
c) Ter acadado no curso 2012/13 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, na área ou materia de lingua inglesa.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
e) Non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de DNI, farase constar, como DNI identificativo, o DNI do pai ou da nai.
Prazo: un mes, DOGA 27 de marzo.
Deixar unha resposta