A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria convoca procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Convócanse 117 prazas no corpo de profesores de ensino secundario mediante o sistema de concurso-oposición
Solicitudes: deberán efectuarse pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions, e deberá imprimirse a instancia que se presentará, xunto coa documentación acreditativa, nalgún dos lugares previsto no punto 3.5. desta convocatoria.
Na instancia consignaranse os códigos do corpo e disciplinas que figuran nas bases desta convocatoria.
Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ( foi publicado o 26 de marzo, remataría o 15 de abril).
Deixar unha resposta