Axudas destinadas a estudantes universitarios que por causas sobrevenidas teñan dificultades para continuar os estudos.
Convocatoria ( DOG nº 64 , 6 de abril 2013)
Requisitos:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia doméstica, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académico 2013/14.
c) Estar matriculado, no curso académico 2013/14, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2014 é dicir 5.122,60 euros (426,88 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Prazo de presentación das solicitudes:
– Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
– Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 1 de setembro de 2014.
Contía:
Limiares de renda | Contía da axuda |
Ata 3.600 € | 2.500 euros |
De 3.601 € a 4.100 € | 2.000 euros |
De 4.101 € a 4.600 € | 1.500 euros |
De 4.601 € a 5.122,60 € | 1.250 euros |
Prazo de presentación das solicitudes:
– Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
– Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 1 de setembro de 2014.
Deixar unha resposta