O “Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música” convoca o premio de Teatro para autores noveis “Calderón de la Barca”
Convocatoria
Enténdese por autor novel aquel que aínda non estrease de forma pública máis dunha obra en circuítos de exhibición con rendementos de despacho.
Requisitos das obras:
Os solicitantes deberán presentar obras teatrais de tema orixinal cuxa duración sexa a normal dun espectáculo dramático completo, non admitíndose pezas de teatro breve, nin adaptacións. As obras poderán estar escritas en calquera das linguas oficiais de España.
Non se admitirán obras teatrais premiadas noutros concursos, nin estreadas publicamente, nin tampouco as publicadas en calquera soporte ou medio de difusión.
Cada solicitante pode participar cunha única obra na convocatoria.
A dotación económica do Premio é de 10.000,00 euros
O prazo para a presentación de solicitudes será de trinta días naturais (ata o 11 de maio)
Deixar unha resposta