Contratación de 3 técnicos/as de turismo. Concello de Ribeira


Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres técnicos/as para a atención das oficinas municipais de información turística de Ribeira.

Convocatoria

Titulacións requeridas:

Técnico superior en información e comercialización turística, técnico superior en guía, información e asistencia turística, técnico en empresas e actividades turísticas, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. Tamén serán admitidos os diplomados ou licenciados en turismo.

O sistema de selección:

É o de OPOSICIÓN LIBRE, que consistirá na realización dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio: proba de avaliación de coñecementos.–De carácter obrigatorio, consistente en contestar por escrito, no tempo máximo dunha hora, un cuestionario de cincuenta (50) preguntas tipo test, relativas á historia de Riveira e a súa Comarca, á realidade física e xeográfica do termo municipal e aos recursos patrimoniais e turísticos que posúe.

Este exercicio é eliminatorio, e valorarase ata o máximo de 10 puntos (a razón de 0,2 puntos cada resposta correcta), sendo excluídos os participantes que non acaden o mínimo de 6 puntos (30 respostas correctas).

Segundo exercicio: proba de coñecemento do idioma inglés.–De carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na realización dunha proba oral sobre o coñecemento do idioma inglés mediante unha conversa de cada aspirante con membros do Tribunal Cualificador ou os expertos que este determine e que terá unha duración máxima de dez (10) minutos. Este exercicio será cualificado entre 0 (cero) e 10 (dez) puntos.

Tipo de contrato:

Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de duración determinada, por obra ou servizo determinado, a tempo parcial (30 horas semanais), en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, en quendas de mañá, ou de tarde, tódolos días da semana, cos descansos que regulamentariamente correspondan.

Bolsa de emprego:

A lista complementaria de reserva prevista na Base 8.ª constituirase nunha bolsa de emprego, á que se acudirá para o caso de que algunha das prazas contratadas ó abeiro desta convocatoria quedase definitivamente vacante por algunha circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza (referida a estas prazas).

Os/as aspirantes que resultasen nomeados no proceso regulado nestas bases, unha vez rematada a duración dos contratos laborais ao que estas se refiren, pasarán a formar parte desta bolsa na orde que lle corresponda póla súa puntuación.

Prazo: 10 días naturais ( publicado o 21 de abril no BOP)

 

 

Etiquetado con:
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.182 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 269,779 visitas
Calendario empreg@
Abril 2014
L M M X V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
  • Director/a Comercial Franquicia 5 Decembro, 2016
  • Country Manager/ Sales Director- Iberia 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • Vendedor@s 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Operador Central Receptora de Alarmas 5 Decembro, 2016
  • Técnico/a Soporte Automatización Inglés Alto 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: