Praxide, prácticas en empresas alemanas


PRÁCTICAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA EN EMPRESAS ALEMANAS – PRÁXIDE”

Convocatoria

A presente convocatoria, de carácter permanente, ten como obxectivo seleccionar un máximo de 24 participantes que realizarán as mobilidades en diferentes grupos. Os devanditos grupos, a modo estimativo, sairían para Alemaña cada tres meses, a partir da segunda quincena de maio.

Os participantes realizarán as súas prácticas laborais en empresas alemás situadas no distrito de Enzkreis, no Lander de Baden-Württemberg, con estanzas de 12 semanas de duración, incluíndo un período de preparación cultural, pedagóxica e lingüística.

As axudas para a realización das prácticas laborais inclúen os seguintes conceptos:
2.1. Viaxes e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña á poboación de destino dos participantes
2.2. Aloxamento e axuda á manutención no país de destino durante o tempo que dure a estanza
2.3. Prácticas formativas nunha empresa do país de destino
2.4. Seguimento e control da actividade formativa de cada participante
2.5. Preparación cultural, pedagóxica e lingüística dos participantes
2.6. Seguro de responsabilidade civil, enfermidade, accidente, invalidez, asistencia e repatriación
2.7. Acreditación de competencias profesionais adquiridas mediante a certificación da empresa de acollida e o certificado “Europass-Mobility-Mobility, así como o Pasaporte de Linguas.

Poderán concorrer á concesión das estanzas formativas do Proxecto PRAXIDE as persoas que cumpran os seguintes requisitos:


3.1. Ter entre 18 e 30 anos e estar empadroado nalgúns dos municipios da provincia da Coruña.
3.2. Ser traballador en activo ou, preferentemente, en situación de desemprego.
3.3. Estar en posesión dunha titulación de Ciclo Medio ou Superior de Formación Profesional e/ou Estudos Universitarios, nalgún dos sectores profesionais que se citan:

-Secretaría e oficina

-Fabricación e procesado

-Hostalaría e restauración

– Sanidade

-Traballo social e orientación

3.4. Os solicitantes deberán concorrer á realización dunha entrevista persoal, así como á realización dunha proba de coñecemento de alemán e inglés.
3.5. Non percibir axudas adicionais da Comisión Europea para o mesmo período de tempo.
3.6. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa Leonardo dáVinci, na súa versión PLM. Terán prioridade aqueles solicitantes que non gozasen con anterioridade dunha mobilidade dentro do conxunto de axudas posibles do Programa de Aprendizaxe Permanente.

As estanzas terán unha duración de 12 semanas, correspondendo as 2 primeiras, polo menos, á realización dun curso de idiomas, a cargo da entidade de acollida, tras as cales, os participantes levarán a cabo 9 semanas de prácticas en empresas do sector de formación de cada participante e conforme ao seu perfil profesional

Como a convocatoria é permanente e, ao longo do período de execución do proxecto, se irá preparando o envío de varios grupos de bolseiros (que, a modo estimativo, sairían cada tres meses a partir da segunda quincena de maio), poderán presentarse solicitudes de participación dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no BOP, ata o 14.12.2014.

Etiquetado con: , ,
Publicado en novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Únete aos outros 2.182 segidores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 269,779 visitas
Calendario empreg@
Abril 2014
L M M X V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
  • Director/a Comercial Franquicia 5 Decembro, 2016
  • Country Manager/ Sales Director- Iberia 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • Vendedor@s 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Operador Central Receptora de Alarmas 5 Decembro, 2016
  • Técnico/a Soporte Automatización Inglés Alto 5 Decembro, 2016
  • Agente Atención al cliente Santiago 5 Decembro, 2016
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
%d bloggers like this: