Axudas económicas aos titulados de universidades españolas que realicen prácticas formativas en empresas ou entidades de ámbito internacional.
Gastos subvencionables:
As axudas irán destinadas a subvencionar os titulados universitarios os gastos de aloxamento e manutención, mediante unha dotación mensual, gastos de viaxe, visados, etc
Poderánse conceder ata 600 axudas.
Prácticas:
Deberán realizarse en empresas ou entidades de ámbito internacional que actuarán como «empresas de acollida» e que, debidamente rexistradas no programa, realicen unha oferta para que os titulados poidan realizar unha estanza formativa con sede nalgún dos países integrados no Programa ARGO
As empresas ou entidades de acollida deberán ter a súa sede en países de Europa, Estados Unidos e Canadá. Igualmente poderán realizarse as devanditas prácticas en entidades e empresas españolas ou multinacionais con sede en Asia e Oceanía.
A duración das estanzas será dun mínimo de 5 e un máximo de 8 meses.
Requisitos:
1. Poderán solicitar estas axudas todos os titulados universitarios, españois e estranxeiros menores de 35 anos, con residencia legal en España e que obtivesen nos tres últimos anos unha titulación oficial nunha universidade española.
Non poderán participar os titulados de Master ou outro tipo de estudos de posgrao que non obtivesen o título previo a estes estudos nunha universidade española.
2. Os beneficiarios deberán estar en disposición, no momento da presentación da solicitude, dunha das seguintes titulacións oficiais: Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Enxeñeiro técnico, Arquitecto técnico, Diplomado, Graduado ou Máster Universitario e demostrar coñecementos do idioma do país ou países solicitados.
3. Os candidatos deberán cumprir cos requisitos de entrada e estanza, esixidos nos países de destino previamente á súa incorporación.
4. Non poderán ter sido beneficiarios con anterioridade dunha bolsa de Mobilidade (Argo, Faro, Integrants), ou calquera outra axuda financiada por Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co mesmo obxecto ou finalidade.
5. Os titulados doutro tipo de Ensinanzas Superiores como son as impartidas nos Conservatorios Superiores de Música ou as Escolas de Artes, os denominados títulos propios ou títulos universitarios ou homologacións de títulos obtidos noutros países, non serán susceptibles de participar nesta convocatoria.
Solicitudes:
Tanto para as entidades colaboradoras, como para os beneficiarios, as solicitides cumprimentaranse a través os formularios da aplicación informática dispoñible na web http://www.mecd.gob.es, no enlace habilitado para a xestión do programa ARGO.
Deberase cubrir toda a información solicitada que vai acordo coas especificacións sinaladas nos capítulos II e III da presente resolución de convocatoria.
Os interesados poderán rexistrarse durante os tres anos de vixencia do programa.
Deixar unha resposta