Bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación práctica na área de sanidade da produción agraria para titulados universitarios
- Orden AAA/636/2014, de 10 de abril, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de becas de formación práctica en el área de la sanidad de la producción agraria para titulados universitarios y se convocan becas para el año 2014. (BOE de 23 abril de 2014)
- Modelo de solicitud electrónica
- Modelo de solicitud presencial
- Becas de formación práctica en el área de la Sanidad de la Producción Agraria 2014. Información Sede electrónica.
Áreas de coñecemento:
a) Sanidade e Hixiene Vexetal e Forestal con coñecementos en prevención e loita contra pragas agrícolas e forestais, redes de vixilancia fitosanitarias, autorización e utilización de produtos fitosanitarios; uso sostible de produtos fitosanitarios; e hixiene e trazabilidade en produtos agrícolas e forestais.
b) Sanidade e Hixiene Animal, con coñecementos en materia de programas sanitarios de vixilancia e control de enfermidades animais, redes de alerta sanitaria veterinarias, trazabilidade e identificación gandeira, xestión de subprodutos e autorización de produtoszoosanitarios.
c) Acordos Sanitarios e Controis en fronteiras, con coñecementos en materia de comercio exterior agrícola e gandeiro, criterios técnicos e negociación para a apertura de mercados exteriores, e controis nos puntos de inspección en fronteiras.
Requisitos:
a) Ser español, ou nacional dalgún Estado Membro da Unión Europea ou de terceiros países, residente legal en España.
b) Dominio do idioma español. Só se requirirá proba documental nos casos en que se trate de candidatos non españois e que leven residindo en España por un período inferior a dous anos.
c) Estar en posesión ou en condicións de obter, o último día do prazo de presentación das bolsas, o título universitario de graduado, diplomado, licenciado, enxeñeiro técnico ou superior, doutor, ou titulacións equivalentes nas materias e especialidades relacionadas coas bolsas que se convocan no momento da concesión da bolsa. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
d) Ter Coñecementos de inglés.
e) Manexo a nivel de usuario dos programas informáticos de tratamento de texto, folla de cálculo e presentacións.
f) Non estar incursas nalgunha das prohibicións a que se refire o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Duración: dende a concesión ata 31 de decembro de 2014, e poderán ser prorrogadas anualmente ata un máximo de catro anos
Contía : 1.150 euros mensuais por beneficiario.
Deixar unha resposta