O obradoiro denominado “ LIDERAR PARA MEDRAR” está dirixido a mulleres (con discapacidade) residentes no ámbito rural (con preferencia pero sen carácter excluínte) da comarca do Barbanza, incidindo especialmente na promoción da participación das mulleres con discapacidade do eido rural.
O principal obxectivo deste obradoiro é a capacitación para o liderado das mulleres con discapacidade da comarca do Barbanza. Trátase de capacitar ás mulleres para que establezan unhas metas persoais ou mellorar as que xa teñen e así empoderarse para realizar o seu propio proxecto de vida.
DATA: 26 de XUÑO de 09:30h a 13:30h
LUGAR: Centro Social de Boiro (Rúa Principal, s/n.)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
Enviar: ficha de inscrición a info@acadar.org ou no 981574698
ACTIVIDADE GRATUÍTA
Prazas limitadas
Deixar unha resposta