OBXECTIVO
O concurso “Merchandising literario” é una iniciativa da Mancomunidade de municipios Arousa Norte que xorde co obxectivo de promover a creación de pezas souvenir asociadas aos principais escritores que naceron e/ou desenvolveron parte da súa obra nos Concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Riveira. Trátase de potenciar a creación de merchandising orientado á venta no sector turístico a través da participación de creadores/as e artistas residentes nos 4 municipios nomeados, contado o gran potencial creativo existente nos mesmos.
PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos dedicadas a arte, a artesanía ou o deseño que residan nalgún dos 4 municipios que compoñen a Mancomunidade Arousa Norte e así o poidan xustificar cun volante ou certificado de empadroamento.
SOLICITUDES E PRAZO DE INSCRIPCION
As solicitudes presentaranse na sede da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (Concello de Boiro, Praza de Galicia s/n 15930 Boiro) en horario de rexistro de 9.00h a 13.30 h de luns a venres ou por correo certificado.
En caso de facer a presentación por correo, debe notificarse a súa saída como máximo no día e hora da finalización ao correo electrónico concursomlarousanorte@gmail.com.
O prazo de presentación empezará o día 1 de outubro de 2014 e rematará o día 15 de outubro de 2014 ás 13.30h.
PREMIOS
1º premio: 600€
2ª premio: 350€
3º premio: 250€
Cada premio entregarase a cambio do número de pezas que procedan en función do prezo que estimara o autor/a para cada unha no momento da solicitude.
Máis información: https://arousanortemprego.wordpress.com/cursoconcurso-merchandising-literario-an/
Deixar unha resposta