BOLSAS DE INVESTIGACIÓN RAMÓN PIÑEIRO
Convocatoria de nove bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Contía: 990 euros brutos mensuais
Duración: a data estimada de comezo é o 1 de xullo de 2014 e rematarán, en calquera caso, o 30 de xuño de 2016.
Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión do título universitario de licenciado ou licenciada ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007-2008 ou posterior.
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os/as que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.
d) Non resultar beneficiario/a dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro).
f) Os/as solicitantes que teñan cursado os seus estudos en universidades non pertencentes ao sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xurada.
Prazo: ata o 16 de maio ( 1 mes a partir da publicación )
BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA NA ÁREA DA SANIDADE DA PRODUCIÓN AGRARIA PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS
Destinatarios: Consultar os requisitos no artigo 3 da convocatoria
Obxecto:
Bolsas de formación práctica para titulados universitarios nas seguintes áreas de coñecemento:
a) Sanidade e Hixiene Vexetal e Forestal.
b) Sanidade e Hixiene Animal.
c) Acordos Sanitarios e Controis en fronteiras.
Duración e dotación das bolsas:
1. As bolsas comezarán dende a incorporación dos bolseiros tras a notificación da resolución de concesión destas, finalizando o 31 de decembro de 2014, e poderán ser prorrogadas anualmente ata un máximo de catro anos, finalizando o 31 de decembro de 2018, logo de solicitude do beneficiario e de acordo coa avaliación polo titor da labor realizada, e sempre que exista dispoñibilidade presupostaria no correspondente exercicio.
2. A contía destas bolsas por beneficiario será de 1.150 euros mensuais referidos ao ano 2014, á que se aplicarán os descontos e as retencións legais vixentes, incluídas as cotizacións á seguridade social, que correspondan. A devandita contía poderá ser actualizada anualmente, de acordo co Índice de Prezos ao Consumo dos doce meses anteriores.
PROGRAMA ARGO
Axudas económicas aos titulados de universidades españolas que realicen prácticas formativas en empresas ou entidades de ámbito internacional.
Gastos subvencionables:
As axudas irán destinadas a subvencionar os titulados universitarios os gastos de aloxamento e manutención, mediante unha dotación mensual, gastos de viaxe, visados, etc
Poderánse conceder ata 600 axudas.
Prácticas:
Deberán realizarse en empresas ou entidades de ámbito internacional que actuarán como «empresas de acollida» e que, debidamente rexistradas no programa, realicen unha oferta para que os titulados poidan realizar unha estanza formativa con sede nalgún dos países integrados no Programa ARGO
As empresas ou entidades de acollida deberán ter a súa sede en países de Europa, Estados Unidos e Canadá. Igualmente poderán realizarse as devanditas prácticas en entidades e empresas españolas ou multinacionais con sede en Asia e Oceanía.
A duración das estanzas será dun mínimo de 5 e un máximo de 8 meses.
Requisitos:
1. Poderán solicitar estas axudas todos os titulados universitarios, españois e estranxeiros menores de 35 anos, con residencia legal en España e que obtivesen nos tres últimos anos unha titulación oficial nunha universidade española.
Non poderán participar os titulados de Master ou outro tipo de estudos de posgrao que non obtivesen o título previo a estes estudos nunha universidade española.
2. Os beneficiarios deberán estar en disposición, no momento da presentación da solicitude, dunha das seguintes titulacións oficiais: Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Enxeñeiro técnico, Arquitecto técnico, Diplomado, Graduado ou Máster Universitario e demostrar coñecementos do idioma do país ou países solicitados.
3. Os candidatos deberán cumprir cos requisitos de entrada e estanza, esixidos nos países de destino previamente á súa incorporación.
4. Non poderán ter sido beneficiarios con anterioridade dunha bolsa de Mobilidade (Argo, Faro, Integrants), ou calquera outra axuda financiada por Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co mesmo obxecto ou finalidade.
5. Os titulados doutro tipo de Ensinanzas Superiores como son as impartidas nos Conservatorios Superiores de Música ou as Escolas de Artes, os denominados títulos propios ou títulos universitarios ou homologacións de títulos obtidos noutros países, non serán susceptibles de participar nesta convocatoria.
Solicitudes:
Tanto para as entidades colaboradoras, como para os beneficiarios, as solicitides cumprimentaranse a través os formularios da aplicación informática dispoñible na web http://www.mecd.gob.es, no enlace habilitado para a xestión do programa ARGO.
Deberase cubrir toda a información solicitada que vai acordo coas especificacións sinaladas nos capítulos II e III da presente resolución de convocatoria.
Os interesados poderán rexistrarse durante os tres anos de vixencia do programa.
PRÁCTICAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA EN EMPRESAS ALEMANAS – “PROXECTO PRÁXIDE”
A presente convocatoria, de carácter permanente, ten como obxectivo seleccionar un máximo de 24 participantes que realizarán as mobilidades en diferentes grupos. Os devanditos grupos, a modo estimativo, sairían para Alemaña cada tres meses, a partir da segunda quincena de maio.
Os participantes realizarán as súas prácticas laborais en empresas alemás situadas no distrito de Enzkreis, no Lander de Baden-Württemberg, con estanzas de 12 semanas de duración, incluíndo un período de preparación cultural, pedagóxica e lingüística.
As axudas para a realización das prácticas laborais inclúen os seguintes conceptos:
2.1. Viaxes e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña á poboación de destino dos participantes
2.2. Aloxamento e axuda á manutención no país de destino durante o tempo que dure a estanza
2.3. Prácticas formativas nunha empresa do país de destino
2.4. Seguimento e control da actividade formativa de cada participante
2.5. Preparación cultural, pedagóxica e lingüística dos participantes
2.6. Seguro de responsabilidade civil, enfermidade, accidente, invalidez, asistencia e repatriación
2.7. Acreditación de competencias profesionais adquiridas mediante a certificación da empresa de acollida e o certificado “Europass-Mobility-Mobility, así como o Pasaporte de Linguas.
Poderán concorrer á concesión das estanzas formativas do Proxecto PRAXIDE as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
3.1. Ter entre 18 e 30 anos e estar empadroado nalgúns dos municipios da provincia da Coruña.
3.2. Ser traballador en activo ou, preferentemente, en situación de desemprego.
3.3. Estar en posesión dunha titulación de Ciclo Medio ou Superior de Formación Profesional e/ou Estudos Universitarios, nalgún dos sectores profesionais que se citan:
-Secretaría e oficina
-Fabricación e procesado
-Hostalaría e restauración
– Sanidade
-Traballo social e orientación
3.4. Os solicitantes deberán concorrer á realización dunha entrevista persoal, así como á realización dunha proba de coñecemento de alemán e inglés.
3.5. Non percibir axudas adicionais da Comisión Europea para o mesmo período de tempo.
3.6. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa Leonardo dáVinci, na súa versión PLM.Terán prioridade aqueles solicitantes que non gozasen con anterioridade dunha mobilidade dentro do conxunto de axudas posibles do Programa de Aprendizaxe Permanente.
As estanzas terán unha duración de 12 semanas, correspondendo as 2 primeiras, polo menos, á realización dun curso de idiomas, a cargo da entidade de acollida, tras as cales, os participantes levarán a cabo 9 semanas de prácticas en empresas do sector de formación de cada participante e conforme ao seu perfil profesional
Como a convocatoria é permanente e, ao longo do período de execución do proxecto, se irá preparando o envío de varios grupos de bolseiros (que, a modo estimativo, sairían cada tres meses a partir da segunda quincena de maio), poderán presentarse solicitudes de participación dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no BOP, ata o 14.12.2014.
Seis bolsas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte/Fulbright para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América
Convocatoria
Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española.
b) Posuír o título superior expedido por unha universidade española, ou se non recoñecido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Excepcionalmente, aceptaranse os títulos expedidos por outras institucións aínda que non estean homologados polo Ministerio. Aplicarase esta excepcionalidade no caso das especialidades de creación artística e interpretación. Tamén poderán optar a bolsa, os que non tendo estudos de grao, acrediten a formación ou experiencia que lles permita o acceso a estudos de postgrao en centros de Estados Unidos.
c) Ter unha carta de acceso ou de convite dun centro estadounidense para realizar un programa acorde coa memoria de estudos presentada con carácter previo á concesión da bolsa. Se os candidatos propostos non achegan este documento antes do 30 de xuño de 2014, poderán gozar da bolsa.
d) Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, ou sexan debedores por reintegro de subvencións nos termos establecidos no artigo 21 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.
As bolsas inclúen financiamento para os seguintes conceptos:
a) Billete de ida e volta, compra de libros e outros materiais e gastos varios: $2.300. No caso de que o bolseiro asistise a un curso preacadémico: $2.600.
b) Asignación mensual de 1.500 a 2.100 dólares, segundo universidade ou centro de destino, en concepto de aloxamento, manutención e gastos adicionais durante o período autorizado de estanza nos Estados Unidos de América.
c) Gastos de matrícula e taxas obrigatorias da universidade ou centro especializado de destino (máximo de 34.000 dólares).
2. Os bolseiros Fulbright participan no único programa de intercambio avalado polos gobernos dos dous países. Os bolseiros contan co apoio da Comisión binacional e dos organismos xestores en Estados Unidos que, de forma gratuíta para eles, lles prestarán os seguintes servizos:
a) Seguimento coas universidades estadounidenses, xestión e administración posterior á bolsa.
b) Orientación previa á saída de España e un curso de verán, preacadémico, nunha universidade estadounidense cando proceda.
c) Servizos de apoio, xestión e asesoría a través da rede de oficinas rexionais en EUA
d) Participación en seminarios e actividades culturais e artísticas que se organicen en nome e polo Programa Fulbright, suxeito á dispoñibilidade de fondos do Goberno de EUA
e) Subscrición dunha póliza de seguro de enfermidade e accidente para o bolseiro de ata 100.000 dólares.
f) Preparación e xestión do visado «Exchange Visitor (J-1)» para o bolseiro e os visados (J-2) para os familiares que viaxen ao seu cargo.
Prazo: trinta días naturais. Ata o 11 de maio
Programa de inmersión lingüísitica
Bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, a partir do 30 de xuño e durante o mes de xullo de 2014.
Como principais requisitos:
– Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 1997 e estar matriculado no curso 2013-2014 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
Bacharelato,
Ensinanzas profesionais de música e danza,
Grao medio de Formación Profesional,
Grao medio de artes plásticas e deseño,
Grao medio de ensinanzas deportivas e
Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
– Ter sido beneficiario de bolsa e nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés no curso anterior.
Características da bolsa: non considera gastos de traslado ao sitio do curso e hai que pagar 100 €.
Prazo: 20 días hábiles. Publicado 10 de marzo.
Bolsas Culturex
– Modalidade A: Bolsas Culturex con destino en institucións culturais de excelencia no exterior: 9 bolsas.
– Modalidade B: Bolsas Culturex con destino en embaixadas e consulados de España no exterior: 4 bolsas
– Modalidade C: Bolsas Culturex con destino en Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior: 3 bolsas.
Os requisitos son:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Estar en posesión da titulación académica oficial de Licenciatura ou Grao. Os títulos equivalentes obtidos fóra de España deberán estar homologados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión dunha titulación de posgrao en xestión cultural e/ou ámbitos afíns.
d) Posuír o Nivel equivalente ou superior ao B2 do Marco Común Europeo de Referencia, en diante MCER para linguas, no idioma oficial do destino solicitado. Nos destinos de fala non inglesa posuír ademais o Nivel equivalente ou superior ao B1 do MCER para linguas, do idioma inglés.
e) Non ter superado os 35 anos de idade, na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
f) Non ter sido beneficiario/a dunha bolsa dos programas Culturexe/ou Bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia das institucións dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en anteriores convocatorias.
g) Quedan excluídos os funcionarios en activo na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
h) Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas nos que concorra algunha das prohibicións nos termos previstos é o articulo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións (a partir deste momento LGS).
O prazo: é de 15 días hábiles dende día seguinte á publicación.
Galeuropa
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca axudas para a realización de prácticas formativas en empresas de calquera estado ou país, agás España a través do programa Galeuropa.
Convocatoria
Finalidade: apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, favorecendo a adquisición de novos coñecementos para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo.
Persoas destinatarias, requisitos:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións,ou estar en condicións de obtela no momento de presentar a solicitude:
– Título de Técnico/a ou Técnico/a Superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
– Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a ou enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a) ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
d) Que esta titulación sexa dos cinco últimos anos e estea acreditada por calquera centro público ou privado de Galicia.
e) Coñecer a lingua do país de destino elixido na solicitude.
Duración e período das prácticas: 8 semanas consecutivas ata o 30 de outubro de 2014
Solicitudes: a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.es, dirixidas á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vía electrónica ou por rexistro
Prazo de inscrición: remata o venres 28 de marzo de 2014.
Contía máxima da axuda: dependerá do país onde se realicen as prácticas
Alemaña- 1.875 €, Finlandia-2.290 €, Malta-1.710 €, Austria-2.040 €, Francia-2.205 €, P. Baixos-2.040 €, Bélxica-1.955 €, Grecia-1.875 €, Polonia-1.625 €, Bulgaria-1.465 €, Hungría-1.710 €, Portugal-1.790 €, Chipre-1.790 €, Irlanda-2.125 €, R. Checa-1.790 €, Croacia-1.875 €, Islandia-2.040 €, R.Unido-2.400 €,
Dinamarca-2.400 €, Italia-2.125 €, Romanía-1.540 €, Eslovaquia-1.710 €, Letonia-1.625 €, Suecia-2.290 €,
Eslovenia-1.875 €, Lituania-1.625 €, Turquía-1.710 €, Estonia-1.625 €, Luxemburgo-1.955 €, outros-2.400 €
Gastos subvencionables: gastos de manutención, aloxamento e materiais de primeira necesidade: farmacéuticos, de hixiene persoal e da vivenda. Gastos de viaxe e transporte. Os gastos derivados de operacións bancarias necesarias para o pagamento das facturas. Seguros médicos ou de responsabilidade civil cando sexan imprescindibles e gastos da entidade intermediaria para a busca de empresa cando se faga uso dela.
Correo e teléfonos de contacto: galeuropa@xunta.es
Teléfonos.: 881 999 567, 981 541 688, 981 544 854 e 981 544 645
Axudas Erasmus
Obxecto: axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes das universidades do Sistema Universitario de Galicia e dos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2013/2014.
Duración da bolsa:
As actividades que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas durante o curso académico 2013-2014.
Requisitos dos/as solicitante:
a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.
b) Estar matriculado no curso 2013-2014 en calquera das universidades públicas do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.
c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda achegada pola Unión Europea no marco do Programa de aprendizaxe permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro do Programa Erasmus ou do Goberno de Suíza.
d) Que a duración mínima da estadía, para efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
O prazo de presentación: ata o 20 de marzo.
42 bolsas para programas de máster e investigación predoutoral da Fundación Barrié
Na Fundación Barrié levan 25 anos buscando aos mellores licenciados, graduados, masters e investigadores.
Con esta convocatoria continúan ofrecendo a posibilidade de formarse nos mellores centros educativos e investigadores do mundo, contribuíndo así de xeito activo á mellora do nivel formativo da sociedade galega.
Inclúe:
- Dotación mensual:
- 1.600 € mensuais brutos para a realización de estudos másters.
- 700 € mensuais brutos para a realización de estanzas predoutorais no estranxeiro cando existe unha vinculación contractual ou bolsa (modalidade A).
- 1.700 € mensuais brutos para a realización de estanzas predoutorais no estranxeiro cando non hai vinculación contractual nin bolsa (modalidade B).
- Dotación única inicial equivalente a unha mensualidade para gastos de instalación, material, seminarios, e outros. Esta dotación será de 1.600 € para as bolsas de máster e de 1.700 € para as bolsas predoutorais en calquera das súas dúas modalidades (A e B).
- Dotación única inicial de 1.000 € para gastos de transporte ao país de destino.
- Gastos de inscrición e matrícula, sen límite máximo, agás para os programas mencionados no seguinte punto. A contía exacta que se aboará en concepto de matrícula fixarase acorde coas cifras recollidas na solicitude. A menos que se especifique unha opción en concreto, recolleranse as cifras indicadas na primeira opción.
- Para programas MBA e outros de posgrao impartidos polas escolas de negocios, a bolsa alcanzará un máximo de 30.000 € para a cobertura de gastos de inscrición e matrícula.
- Seguro de accidente e enfermidade cando os países de destino non teñan concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas fosen insuficientes.
Inscricións: a partir do 10 de febreiro e ata o 31 DE MARZO DE 2014 poderás enviar a túa solicitude online acompañada de toda a documentación complementaria que deberás subir a través da web.
Le con atención as bases; terás que recompilar moita documentación para cumprir correctamente a solicitude.
Máis información en http://becasposgrado.fbarrie.org/
Deixar unha resposta