Artigo 111 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia
Concepto e funcionamento.-
As cooperativas agrarias integran a titulares de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais, que terán por obxeto a realización de todo tipo de operacións encamiñadas ó mellor aproveitamento das explotacións das súas persoas socias, dos seus elementos ou componentes e da cooperativa e á mellora da poboación agraria e do desenvolvemento do medio rural, así como atender calquer outro fin ou servizo que sexa propio da actividade agrícola, gandeira ou forestal ou estea relacionado directamente con elas.
Os estatutos da cooperativa deberán recoller, no caso de que un titular da explotación deixe de selo, a posibilidade de que poida ser substituído por outra persoa na súa condición de socio da cooperativa. No caso de ser así, deberán subrogarse en todos os dereitos e obrigas contraídos polo socio antecesor. Ademáis deben cumprir o resto de requisitos para a adquisición da condición de persoa socia e ser admitida polo órgano de administración.
Asimesmo, a cooperativa poderá, con carácter accesorio e subordinado, procurar bens e servizos para o consumo das súas persoas socias e das persoas que con elas convivan ata un 50% da actividade principal que ela realice cos seus socios, producindo os bens e servizos que proporcionen ou adquiríndoos de terceiras persoas. Este suministro de bens e servizos terá a consideración de operacións societarias internas, resultando a mesma cooperativa, así como as súas persoas socias, como consumidoras directas.
Para o cumprimento dos seus obxectos sociais, poderán subscribir con outras cooperativas da mesma clase os acordos intercooperativos que correspondan. En virtude destes acordos, a cooperativa e as súas persoas socias poderán realizar operacións de suministro ou entrega de productos ou servizos na outra cooperativa, e serán consideradas operacións cooperativizadas desenvolvidas coas propias persoas socias e non como terceiras persoas.
As operacións que realicen as cooperativas agrarias e as de segundo grao que as agrupen con productos ou materias, incluso suministrados por terceiras persoas, consideraranse a todos os efectos, actividades cooperativas internas co carácter de operacións de transformación primaria, sempre que se destinen únicamente ás explotacións das súas persoas socias.
As cooperativas agrarias poderán realizar operacións cooperativizadas con terceiras persoas non socias ata un límite do 50% da facturación global do total das realizadas polas persoas socias, podendo solicitar un incremento de dita porcentaxe. Neste caso deberá reflectir esta circunstancia na súa contabilidade de forma separada e independente e de maneira clara e inquívoca.
Enlaces sobre cooperativas agrarias.-
AGACA (Asociación galega de cooperativas agrarias)
Cooperativas agrarias: Erica mel Hortoflor 2 Campo capela Melisanto
Lectura sobre Avelino Pousa Antelo, coñecido cooperativista agrario.
Deixar unha resposta