Artigo 126 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.
Concepto e funcionamento.-
As cooperativas de servizos sociais teñen por obxectivo a prestación de todo tipo de actividades e servizos sociais, públicos ou privados, agás aquelas que requiran o exercicio da autoridade pública. Asocian a persoas físicas, podendo tamén asociar a administracións ou entidades públicas, así como os axentes sociais (sindicatos, asociacións de veciños e veciñas, etc.) colaboradores da prestación de servizos sociais.
No suposto da participación de entidades públicas, estas poderán reservar para sí o control público en canto á calidade e ás condicións da prestación dos servizos.
Ás cooperativas de servizos sociais serálles aplicable o previsto na lei de cooperativas para as cooperativas de traballo asociado, de aí que sexan consideradas como cooperativas de servizos sociais de traballo asociado.
A continuación facemos a presentación dunha cooperativa de servizos sociais a través da cal se pode coñecer a qué se adican e o seu funcionamento:
[…] de traballo asociadoCooperativa de consumidores/as e usuarios/asCooperativa de servizos sociaisArtigos de intereseFai a túa consulta ← Novas ofertas […]