Artigos 104 e ss. da Lei 14/2011, do 16 de decembro, que modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.
As cooperativas de traballo asociado están integradas, como mínimo, por tres persoas naturais con capacidade legal e física para desenvolver a actividade cooperativizada. Teñen por finalidade proporcionar postos de traballo ós seus asociados para produciren en común bens e servizos para vender a terceiros. Trátase, polo tanto, dunha libre asociación de persoas con capacidade legal e física para desenvolver unha actividade. As cooperativas son a expresión da democratización da economía, nelas esíxense a participación e o protagonismo das persoas, das súas opinións e decisións, nunha situación de igualdade e respecto mutuo.
A opción de que os traballadores asuman a propiedade dos medios de producción, en empresas de nova creación ou en empresas produto doutras en crise, constátase como unha alternativa viable para a creación e conservación de emprego. De feito, a constitución deste tipo de empresas vincúlase normalmente ós malos momentos dos ciclos económicos e ás crises empresariais, o que presenta ás cooperativas como unha alternativa ós peches e restructuracións empresariais.
A asunción por parte das persoas tanto do traballo coma do capital carrexa un proceso orixinal na fixación das variables laborais, baseado na corresponsabilidade dos traballadores no funcionamento da empresa. Calquer actividade económica se pode desenvolver e organizar mediante unha cooperativa de traballo asociado.
Dadas as dificultades que teñen as mulleres para acceder ó mercado laboral, e as condicións ventaxosas que a cooperativa presenta para a obtención de apoios económicos, a cooperativa de traballo asociado xorde como posibilidade de pór en marcha un proxecto propio como única alaternativa para a muller. O nivel de iniciativa das mulleres e a defensa da autoxestión como un xeito de garantir a igualdade de xénero xogan un papel importante na elección deste fórmula xurídica. Todo isto xera unha alta taxa de feminización do cooperativismo de traballo asociado en Galicia.
As cooperativas de traballo asociado presenta características propias en relación co persoal asalariado. Considéranse estes como terceiros non socios e existen limitacións legais en canto á súa posible contratación: a cooperativa pode contratar asalariados sempre que o seu número non exceda ó 30% do total dos seus socios (art. 110 da Lei 14/2011, que modifica a Lei 5/1998 de cooperativas de Galicia).
Os socios dunha cooperativa de traballo asociado xuntan as condicións de patrón-propietario-traballador, o que implica certas especificidades que atinxen á organización laboral, das que se poden destacar:
- A desaparición do antagonismo de patrón-obreiro, que en calquer caso, xera custos de control, substituído pola cooperación e o estímulo mútuo entre iguais.
- A existencia dun ambiente menos conflictivo.
- Maior interese por progresar e mellorar porque a empresa é unha vía de realización e dignificación persoal, que outorga maior flexibilidade e máis marxe de manobra.
- Capacidade autoorganizativa e de autoxestión, que dota ás persoas socias de maior flexibilidade á hora de adecuar os ritmos de traballo ás necesidades da organización.
- Emprego estable, máis resistente ás crises, con flexibilidade na organización do traballo, con baixos niveis de absentismo e conflicto laboral, e onde os incrementos de actividade se traducen de xeito directo no incremento das rendas dos socios traballadores.
- As cooperativas xorden dunha iniciativa propia, o cal mellora o nivel de coñecemento do proxecto e da fórmula para lévalo a cabo, o feito de poderen ser 3 as persoas socias favorece a cohesión do grupo e a implicación dos seus membros, xa que melloran a capacidade de traballo en equipo, favorecen un mellor clima laboral e os procesos de creatividade e mellora contínua.
- A posibilidade de optar pola cotización no Réxime Xeral da Seguridade Social no caso de que así esté contemplado nos estatutos sociais.
Enlaces para ampliar información:
Ugacota (Unión de cooperativas de traballo asociado)
Sonaxe, Sociedade cooperativa galega
Fungo, Sociedade cooperativa galega
[…] de vivendasCooperativa agrariaCooperativa de traballo asociado ← Novas ofertas […]