Cooperativa de vivendas

Artigos 120 e ss. da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia

Concepto e funcionamento.-

         Unha cooperativa de vivendas é un conxunto de persoas, maioritariamente físicas, que precisan aloxamento e/ou locais para sí e as persoas que convivan con elas. Teñen por obxecto procurar vivendas preferentemente habituais e/ou locais, para as súas persoas socias, así como procurar edificacións e instalacións complementarias, e rehabilitación de vivendas, locais, elementos, zonas ou edificacións que sexan complementarias a éstas. Sempre e cando sexa para levar a cabo o seu obxeto social, poden desenvolver tódalas actividades que precisen.

         A propiedade ou uso e gozo das vivendas e locais poderán serlles adxudicados ou cedidos ás persoas socias mediante calquera título admitido en dereito.

         Cando se trate de cooperativas de vivendas protexidas haberá que aterse ó disposto na normativa reguladora aplicable.

         A cooperativa constituiráse por tempo determinado, que será fixado nos seus estatutos, e deberá disolverse por cumprimento do seu obxecto social unha vez que finalice a execución da promoción e entrega de vivendas e locais, sendo o tempo máximo de 6 anos contados dende a data de outorgamento da licencia municipal de primeira ocupación.

         Administrarán e xestionarán de forma directa a promoción de vivendas e locais, e non poderán cederlles tal xestión a terceiras persoas mediante ningún título, agás que así estea acordado pola asamblea xeral.

         As cooperativas de vivendas teñen dereito á adquisición preferente de terreos de xestión pública para o cumprimento dos seus fins específicos.

         Cada socio ten a obriga de habitar a vivenda e non pode ser titular de máis dunha en cada cooperativa, agás en casos de familia numerosa. No caso de que pretenda transmitir inter vivos os seus dereitos sobre a vivenda ou local, antes de transcorreren cinco anos ou outro prazo superior fixado polos estatutos, deberá poñela a disposición da cooperativa, para que ésta lla ofreza ós socios expectantes, por orde de antigüidade. Se transcurridos 3 meses sen que ningún socio expectante faga uso do seu dereito de preferencia, o socio propietario queda autorizado para transmitilo a terceiros non socios.

         Ningunha persoa poderá ser membro, simultáneamente, do consello reitor en máis dunha cooperativa de vivendas, e en ningún caso poderá percibir remuneracións ou compensacións polo desenvolvemento do cargo, sen perxuício de ser resarcida nos gastos que lle orixine.

         Se a cooperativa obtén dos socios cantidades en diñeiro anticipadas para a construcción das vivendas e locais, deberá recibilas a través dunha entidade de crédito, na que deberán depositarse en conta especial coa separación doutra clase de fondos, e das que soamente poderá dispoñerse para as atencións derivadas da construcción das vivendas e locais.

         Deberán someter as contas anualmente a unha auditoría externa antes de presentalas na asamblea xeral ordinaria, agás cando a actividade non supere o capital social.

 Promoción de vivenda protexida realizada por cooperativas. Plan de vivenda 2009-2012

Exemplo de cooperativa de vivendas

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Úneche a outros 2.187 subscritores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.820 visitas
Calendario empreg@
Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: