Por qué crear unha cooperativa?

A cooperación é a convicción plena de que ninguén pode chegar á meta se non chegan todos (V. Burden)

Se nalgún momento sentiches a necesidade de crear a túa propia empresa e o teu propio posto de traballo por un desexo de independencia, de marcar o teu propio ritmo de traballo, de ver repercutido na túa persoa todo o beneficio económico do teu esforzo, de non estar suxeito a unhas normas impostas por un xefe, a solución é emprender.

Se, a pesar diso, non te decides a crear a túa propia empresa pola falla de recursos ou pola inquedanza da situación económica-laboral, porque non te sintes o suficientemente preparado/a, porque es consciente de que montar unha empresa conleva a asunción de riscos, etc.,  parácheste a pensar na posibilidade de compartir recursos, a túa experiencia profesional e o risco con outras persoas? Pode que a solución sexa montar unha cooperativa. Por qué?

  • Porque a responsabilidade dos socios polas débedas da cooperativa limítase ás súas achegas a esta (é dicir, só responden co pratrimonio).
  • Porque gozan de importantes incentivos a nivel fiscal e laboral e poden optar a subvencións e axudas específicas.
  • Porque son organizacións voluntarias e abertas a tódalas persoas capaces de utilizar os seus servizos e dispostas a aceptar as responsabilidades que contrae o feito de ser socios.
  • Porque a súa xestión é democrática, onde cada persoa ten un voto, independentemente do capital aportado, e as decisións son tomadas conxuntamente e todos gozan dos mesmos dereitos.
  • Porque os socios contribúen equitativamente ao capital das súas cooperativas e xestionan os seus beneficios segundo a súa participación nas actividades da cooperativa, sendo eles mesmos os encargados de xestionar o seu capital social, e habendo un reparto equitativo entre tódolos socios.
  • Porque son organizacións autónomas de axuda mútua xestionadas polos seus socios, asinan acordos con outras con outras organizacións, incluídos gobernos, e se acadan capital de fontes externas, fano de xeito que aseguren o control democrático por parte dos seus socios e que manteñan a súa autonomía cooperativa.
  • Porque saben levar a cabo correctamente os principios de participación e autoxestión, e promoven o cooperativismo e informan á sociedade da natureza e os beneficios das cooperativas, e colaboran co desenvolvemento da sociedade.
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Úneche a outros 2.187 subscritores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.820 visitas
Calendario empreg@
Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: