En qué se diferencian as cooperativas do resto de empresas?
A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de tódolos socios. A súa finalidade consiste en prestar servicios e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa e en interese pola comunidade. Calquera actividade económico-social poderá desenvolverse mediante unha sociedade cooperativa.
As cooperativas teñen que se axustar no seu funcionamento aos principios formulados pola Alianza Cooperativa Internacional, no ano 1995, e que seguen vixentes a día de hoxe:
1. Adhesión voluntaria e aberta.
Aberta a tódalas persoas: As cooperativas son organizacións voluntarias, abertas a tódalas persoas capaces de empregar os seus servizos e dispostas a aceptar as responsabilidades de ser socio/a, sen discriminación de sexo, social, racial, política ou relixiosa.
2. Xestión democrática por parte dos socios.
Unha persoa, un voto: As cooperativas son organizacións xestionadas democráticamente polos socios, que participan activamente na fixación das súas políticas e na toma de decisións. Os homes e mulleres escollidos para representar e xestionar as cooperativas son responsables ante os socios. As cooperativas están organizadas de xeito democrático.
3. Participación económica dos socios.
Xestión democrática dos beneficios: Os socios contribúen equitativamente ao capital das súas cooperativas e xestionan os beneficios de xeito democrático. Polo menos unha parte dos activos é, por regla xeral, propiedade común da cooperativa. Normalmente reciben unha compensación, se existe, limitada sobre o capital entregado como condición para ser socio. Os socios asignan os excedentes para todos ou algún dos seguintes fins: ao desenvolvemento da cooperativa, á constitución de reservas, das que, polo menos unha parte sería indivisible, ao beneficio dos socios en proporción ás súas operacións coa cooperativa, e ao apoio doutras actividades aprobadas polos socios.
4. Autonomía e independencia.
Os socios nunca perden o control democrático: No caso de asinaren acordos con outras organizacións, incluídos os gobernos, ou se conseguen capital de fontes externas, fano en termos que aseguren o control democrático por parte dos seus socios e manteñan a súa autonomía cooperativa.
5. Educación, formación e información.
Formación aos socios: As cooperativas proporcionan educación e formación aos socios, aos seus representantes elexidos, aos directivos e aos empregados para que poidan contribuír de xeito eficaz ao desenvolvemento das súas cooperativas. Informan ao gran público, especialmente á mocidade e aos lideres de opinión, da natureza e beneficios da cooperativa.
6. Cooperación entre cooperativas.
Traballo conxunto: As cooperativas serven aos seus socios o máis eficazmente posible e fortalecen o movemento cooperativo traballando conxuntamente mediante estructuras locais, nacionais, rexionais e internacionais.
7. Interese pola comunidade.
Desenvolvemento sostible: Ao mesmo tempo que se centran nas necesidades e nos desexos dos seus socios, as cooperativas traballan para acadar o desenvolvemento sostible das súas comunidades segundo os criterios aprobados polos socios.
[…] qué crear unha cooperativa?Características dunha cooperativaPrincipios que rixen o cooperativismoTrámites de constituciónTipos de cooperativasEnlaces de interese ← […]