As cooperativas poden ser:
- De traballo asociado: Asocian a persoas, naturais ou físicas, para o desenvolvemento dunha actividade, cooperativizando a prestación de traballo. Proporcionan os socios e socias postos de traballo e producen en común bens, como poden ser mobles, roupa, etc., e servicios, como pode ser o asesoramento laboral para terceiras persoas.
- De consumidores e usuarios: Asocian a persoas físicas e nalgún caso xurídicas, por exemplo un concello, e teñen como obxecto obter bens e servicios para o consumo e uso dos socios-as, sempre nas mellores condicións de calidade, prezo e información dos productos. Algunhas das modalidades deste tipo de cooperativa pasan por:
- Subministrar elementos da economía doméstica como electrodomésticos, alimentos, mobles, etc.
- Prestar servicios como por exemplo restaurantes, transportes, hospitalización, seguros, etc.
- Subministros especiais como a auga, o gas ou a electricidade dunha cidade.
- Aforro polo consumo como pode ser a creación dunha cooperativa co fin de comprar e distribuílos libros de texto ós escolares dun ou varios centros.
- Subministro, servicios e actividades para o desenvolvemento cultural.
- De vivendas: Asocia a persoas físicas que precisan aloxamento, por exemplo unha vivenda, ou locais para unha oficina, instalacións complementarias á vivenda como pode ser unha piscina, e servicios complementarios, como unha gardería, así como a conservación de vivendas e a súa administración.
- Agrarias: Une a persoas físicas e tamén xurídicas que son titulares dunha explotación:
- agrícola.
- forestal.
- gandeira.
A súa finalidade e a de prestar subministros e servicios ós socios así como realizar operacións que melloren económica e tecnicamente as súas explotacións, e o desenvolvemento do medio rural en xeral.
A cooperativa agraria no seu funcionamento é semellante a unha cooperativa de servicios. - De explotación comunitaria da terra: Ten como finalidade a explotación agraria en común dos bens cedidos. Asocia a:
- persoas titulares de dereitos de uso e aproveitamento da terra.
- persoas titulares doutros bens inmobles (instalacións, maquinaria, etc.).
- persoas individuais que aportan traballo.
- De servizos: Este tipo de cooperativas asocia a persoas físicas e xurídicas, que exerzan a súa actividade por conta propia e que sexan titulares de:
- explotacións industriais.
- explotacións de servicios.
- a profesionais.
- a artistas.
As persoas promotoras destas cooperativas asócianse para prestar subministros (maquinaria, abonos, etc.) e servicios (transporte, distribución, comercialización, etc.), así como para a producción de bens, e a realización de operacións que favorezan económica e tecnicamente as actividades profesionais e as explotacións dos seus socios.
- Do mar: As cooperativas do mar créanse para asociar a mariñeiros-as, armadores, cofrarías, mariscadoras-es, etc., que son titulares de explotacións pesqueiras ou industriais marítimo-pesqueiras. O seu funcionamento tamén é idéntico ó dunha cooperativa de servicios.
- De explotación de recursos acuícolas: Nestas cooperativas, os socios e socias, explotan os recursos acuícolas en común. Os labores de explotación abranguen dende a preparación da zona marítimo-terrestre ata a comercialización e distribución do producto cultivado.
Na súa regulación na LCG existe unha analoxía entre este tipo de cooperativas e as de explotación comunitaria da terra, coa particularidade neste caso de que as zonas de traballo son de dominio público e daquela para poder explotalas precísase un título administrativo habilitante concedido polo Estado.
Nestas cooperativas existen tres tipos de socios-as:
- Os/as titulares de dereitos de uso e aproveitamento de bens (propiedade, arrendamento, cotitulariedade, parcería, …), ou os/as que posúen títulos administrativos habilitantes (concesión, autorización, permisos de actividade e explotación) establecidos na Lei de Pesca de Galicia – Lei 6/1993 – . As confrarías de pescadores/as e as administracións públicas atópanse entre os posibles achegantes de títulos e dereitos.
- Socios e socias que presten o seu traballo persoal na cooperativa que deberán posuír o título administrativo preciso para desenvolver a súa actividade, cando fose preciso.
- Socios-as que achegan unha cousa e a outra, é dicir, por un lado títulos e dereitos e polo outro a prestación de traballo persoal na cooperativa.
- De transportistas: Asocia a persoas físicas ou xurídicas titulares de empresas de transportes ou profesionais que exerzan a actividade de transporte de persoas, cousas ou mixtas. Teñen por obxecto prestar servicios e subministros así como á realización de operacións encamiñadas ó melloramento económico e técnico das explotacións dos socios. Este tipo de cooperativas teñen as seguintes modalidades:
- As que asocian a empresas de transportes (persoas xurídicas), funcionarán como unha cooperativa de servicios.
- As que asocian a persoas físicas ou naturais funcionarán como unha cooperativa de traballo asociado.
As cooperativas de transportistas poderán realizar aquelas actividades para as que se atopen expresamente facultadas pola Lei 16/1987, do 30 de Xullo de Ordenación dos Transportes Terrestres, e nos termos que a mesma estableza.
- De seguros: Asocia a persoas físicas e/ou xurídicas que exercen a actividade aseguradora. Poden traballar en dita actividade mediante algunha das seguintes modalidades:
- Asociando a persoas físicas e xurídicas que teñen como fin cubrir en común os riscos asegurados dos socios, funcionando como cooperativas de consumidores-as e usuarios-as.
- Asociando só a persoas físicas que aportan o seu traballo adicándose á actividade aseguradora, cubrindo riscos a calquera asegurado. Neste caso estamos falando dunha cooperativa de seguros de traballo asociado.
Estas cooperativas rexeranse pola Lei 30/1995, do 8 de Novembro de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados, e as súas normas de desenvolvemento, e con carácter supletorio pola Lei de Cooperativas de Galicia.
- Sanitarias: Son cooperativas sanitarias as que teñen por obxecto desenvolver actividades sanitarias nas súas distintas modalidades de seguros a prima fixa, de traballo asociado ou de consumidores-as e usuarios-as poderán realizar con carácter complementario actividades coñexas ou que facilitan o seu obxecto principal.
- Son cooperativas sanitarias de seguros as que a actividade empresarial consiste en cubrir, a prima fixa, riscos relativos á saúde dos asegurados-as e beneficiarios delas, resultándolles aplicable a normativa establecida para as cooperativas de seguros.
- Son cooperativas sanitarias de traballo asociado as formadas por profesionais da saúde (médicos-as, enfermeiros-as, etc.) e persoal non sanitario (administrativos-as, telefonistas, limpiadores-as, etc.), séndolles aplicables as normas establecidas para as cooperativas de traballo asociado.
- Son cooperativas sanitarias de consumidores-as e usuarios-as integradas por persoas físicas e xurídicas co fin de obter asistencia sanitaria para eles mesmos-as, ós seus familiares e, se é o caso, ós seus traballadores e traballadoras, a través de establecementos sanitarios, resultándolles aplicable, ademais da lexislación sanitaria, a normativa establecida para as cooperativas de consumidores-as e usuarios-as.
- De ensino: As cooperativas de ensino son aquelas que desenvolven a actividade docente e poden ter as seguintes modalidades:
- As que asocian ós pais e nais do alumnado, os seus representantes legais ou o propio alumnado. Esta modalidade de cooperativa de ensino funciona como unha de consumidores-as e usuarios-as.
- As que asocian a profesores-as e persoal non docente e de servicios, que sendo outra modalidade de cooperativa de ensino funciona como unha de traballo asociado.
- De integración social: Asocian maioritariamente a persoas naturais de colectivos excluídos (extoxicómanos-as, disminuídos-as psíquicos-as ou físicos-as, prostitutas, expresidiarios-as, minorías étnicas, etc.) así como ós seus titores ou titoras e persoal de atención. Son cooperativas que teñen por obxecto a prestación de servicios educativos, asistenciais, laborais e sanitarios, así como o desenvolvemento de calquera actividade económica coa que poidan integrarse laboralmente persoas que sufren calquera clase de exclusión social.
- De crédito: As cooperativas de crédito regúlanse con arranxo á Lei 13/89 de 13 de Maio, así como pola lexislación sobre as entidades de crédito en xeral. Tamén lles resultan aplicables con carácter supletorio a Lei de Cooperativas de Galicia e as normas que a desenvolvan. Estas cooperativas nacen para servir as necesidades financeiras dos seus socios-as e de terceiras persoas, exercendo actividades propias das entidades de crédito. Poden realizar toda clase de operacións (activas, pasivas, e de servicios) pero preferentemente atendendo as necesidades financeiras dos socios.
- Cooperativas de servizos sociais: Asocia a persoas físicas, que prestan o seu traballo na cooperativa, podendo participar como socias:
- As administracións ou entidades públicas.
- Os axentes sociais (sindicatos, asociacións de veciños e veciñas, etc.) colaboradores da prestación de servicios sociais.
Teñen por obxecto a prestación de todo tipo de actividades e servicios sociais, públicos ou privados.
Poden clasificarse en 4 grandes grupos, según o seu obxeto:
COOPERATIVAS SEGUNDO A ACTIVIDADE | Cooperativas incluidas | Obxetivo |
Prestación de traballo | Traballo asociado e asimiladas (servizos sociais, transportistas, ensino e sanitarias de traballo asociado) | Consecución de emprego |
Servizos empresariais | Agrarias, servizos, mar e transportistas | Comercialización e suministro |
Servizos personais | Consumidores e usuarios, vivienda, crédito, ensino, servizos sanitarios e sociais, seguros e integración social | Satisfacción de necesidades |
Explotación en común | Explotación comunitaria da terra, explotación de recursos agrícolas | Posta en común de bens e traballo |
Deixar unha resposta