Trámites a seguir para crear unha cooperativa:
1. Solicitude da certificación negativa do nome ante o Rexistro Xeral de Cooperativas de Madrid: certificación de que non figura outra entidade cooperativa xa rexistrada co mesmo nome. Reservarase o noso nome durante 6 meses.
Sección Central do Rexistro de Cooperativas – Pío Baroja, 6 (Madrid)
2. Celebración da asamblea constituínte e redacción do proxecto de estatutos sociais: os estatutos sociais poden elaborarse directamente polos socios ou ben acudir a un avogado ou notario, debendo de recoller como mínimo os seguintes datos:
• Denominación social, domicilio e obxecto social.
• Condicións e requisitos para a obtención da condición de socio e o réxime de baixa.
• Obrigas e dereitos dos socios.
• Normas de disciplina social.
• Capital mínimo para adquirir a condición de socio (non poden ser inferior 3.005,06€).
• Ámbito territorial e duración da sociedade.
• Cuantificación de establecemento do réxime de participación mínima dos socios.
• Normas para distribuir excedentes e imputar perdas do exercicio e causas de disolución e regras para liquidar a cooperativa.
• Composición dos órganos de goberno.
3. Solicitude da cualificación previa dos estatutos: ante o Rexistro de Cooperativas de Galicia da provincia correspondente ó ámbito de actuación da cooperativa (é un trámite gratuíto e opcional que se fai para evitar posibles ilegalidades dos mesmos), presentando a seguinte documentación:
• Solicitude da cualificación previa.
• Certificación negativa do nome.
• Copia certificada da acta da asamblea constiuínte.
• Proxecto de estatutos sociais.
4. Solicitude do Código de Identificación Fiscal en constitución (CIF): na Axencia Tributaria, modelo 036.
5. Elevación a escritura pública dos estatutos sociais: mediante firma de notario (unha vez recibida a calificación positiva dos estatutos). Documentación a presentar:
• Documentación presentada no Rexistro.
• Relación de socios e socias promotores/as.
• Acreditación do desembolso do capital social mínimo fixado.
• Proxecto de estatutos sociais.
6. Autoliquidación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (modelo 600): na oficina liquidadora competente (Consellería de Facenda). Este imposto está totalmente bonificado para as cooperativas. Haberá que entregar copia simple da escritura e unha copia autorizada para realizar a anotación correspondente.
7. Inscripción da cooperativa no Rexistro de Cooperativas correspondente: no prazo de dous meses dende a escritura pública de constitución, para que a cooperativa adquira personalidade xurídica. Documentación a presentar:
• Solicitude de inscrición.
• Liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
• Copia autorizada e copia simple da Escritura pública de constitución.
• Xustificante do pagamento da taxa administrativa de inscrición.
8. Inscrita a sociedade cooperativa no Rexistro de Cooperativas, realizaránse os trámites habituais de inicio de actividade, comúns a calquer empresa:
Axencia Tributaria: alta no imposto de actividades económicas (modelo 845) e socilitude de código de identificación fiscal definitivo (modelo 036).
Tesourería Xeral da Seguridade Social: inscrición da empresa, afiliación e alta dos socios/as no Réxime Xeral (por conta allea) ou no Réxime Especial de Autónomos (por conta propia), segundo a opción indicada nos estatutos sociais, no caso das cooperativas de traballo asociado.
Dirección Xeral de Relacións Laborais (Delegación da dirección xeral de traballo): comunicación da apertura do centro de traballo dentro dos 30 días seguintes ó inicio da actividade.
Delegación do Ministerio de Traballo: dilixenciar o libro de visitas (obrigatorio). A empresa debe ter un por cada centro de traballo.
Concello: licenza de apertura municipal, licenza de obras, etc.
Rexistro da propidade inmobiliaria: inscrición de bens inmobles, se é o caso.
Rexistro da propiedade industrial: inscrición de nomes comerciais, patentes, marcas, deseños industriais, rótulos…
Rexistro de Cooperativas correspondente: legalización dos libros sociais da cooperativa, exceptuando os contables, que se poderán legalizar a posteriori:
o Libro de rexistro de socios/as.
o Libro de rexistro de achegas ó capital social.
o Libro de actas da asamblea xeral.
o Libro de actas do órgano de administración.
o Libro de informes de censura de contas.
o Libro de inventarios e balances e diario.
9. Unha vez esté en funcionamento a cooperativa, deberá cumprir coas obrigas rexistrais no Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscribir as modificacións dos estatutos, a renovación dos órganos sociais, os outorgamentos de poderes, a legalización de libros, o depósito de contas anuais, a documentación complementaria…
Deixar unha resposta