Guía de cooperativas

Guía de cooperativas da comarca

logo sonaxeSonaxe, Sociedade Cooperativa Galega. A profesionalización musical comeza aquí.

Sonaxe, SCG, nace no ano 2008 co fin de por a disposición dos e das profesionais da música todo o que precisan para que só se teñan que preocupar do realmente importante para eles e elas: interpretar.

O seu traballo vira en torno a dous piares: o eido da formación, onde como principal actividade destaca a xestión da Escola de Música de Boiro, e no eido da Edicón, produción e promoción, co selo Sonaxe Records, ofrecéndolle ao seu alumnado e ao público en xeral a posibilidade de gravar os seus temas, promocionar os seus traballos e incluílos nos circuitos dos que participan.

Formación:

A Escola de Música de Boiro é un centro de ensino e creación musical, pioneiro en ofrecer unha formación estructurada en música tradicional, clásica e moderna. O seu obxetivo fundamental a través desta Escola é promover un concepto de educación baseado na procura da propia expresión a través da práctica dos diferentes estilos musicais. Propoñen un modelo pedagóxico que xenera competencias máis globais que as estritamente musicais. O músico debe ser innovador e creativo cunha aprendizaxe autónoma e tenaz, saber rodearse de  bos colaboradores, ser un bo comunicador, e, como non, ser un profesional competente. Cren neste modelo e pensan que é válido para aplicar noutras experiencias, sexan estas en colexios ou concellos.

A música non ten idade e esta premisa ponse de manifesto no seu modelo de Escola, onde maiores e pequenos comparten espazos intercambiando experiencias e moldeando unha sociedade mellor ao tempo que axudan aos máis veteranos da contorna a manter as súas capacidades, como a memoria, en pleno ritmo.

Ademáis desta formación permanente, tamén ofertan outro tipo de actividades, como seminarios, masterclass e obradoiros dirixidos a entidades, centros de formación e particulares.

Sonaxe Records:

O selo discográfico Sonaxe Records ofrece a posibilidade a todos os profesionais da música e músicos amateur de editar, producir e promocionar os seus traballos. Facilitan tamén os trámites administrativos (depósitos legais, S.G.A.E., e licenzas creative commons…) que levan parellos a gravación.

Contacto:

Ana Olveira Blanco – xerencia@sonaxe.com – 655 700 104 – http://www.sonaxe.com

logoSociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia Limitada

A Cooperativa do Mar naceu no ano 1977 das mans dun grupo de armadores do porto de Ribeira, ca finalidade de crear unha infraestructura que aportara os servizos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade, a pesca, xa que naquelas datas os servizos eran deficitarios e Ribeira xa dispoñía dunha flota moderna.

A SCG del Mar Santa Eugenia Limitada na actualidade, posúe un posto de venda na Lonxa de Ribeira, no que realiza a venda do peixe dos seus asociados, ademáis de ofrecer os seguinte servizos:

  • Servizos de frío para os seus asociados e usuarios do Porto de Ribeira.
  • Suministro de auga e xeo ó Porto de Ribeira.
  • Suministro e lavado de envases.
  • Un almacén de efectos navais.

Esta cooperativa é unha asociación de armadores recoñecida a nivel nacional e asiste como representante dos seus armadores ás reunións convocadas tanto pola comunidade autónoma galega coma pola Secretaría Xeral a nivel nacional. Asimesmo, actúa como interlocutora á hora de realizar alegacións fronte a propostas sobre normativa e decisións tomadas polas administracións. Ofrece tamén xestións de diversa índole ós seus asociados, dende a xestión de axudas procedentes das diferentes administracións, renovación e solicitude de licencias de pesca en diferentes caladoiros, xestión de cotización á Seguridade Social, altas e baixas, e moitas outras xestións que buscan facilitar en maior medida o desenvolvemento da actividade dos seus asociados por un lado, e dos usuarios do Porto de Ribeira cos seus servizos por outro.

Contacto:

Porto Pesqueiro, 68 | 15960 Santa Uxía de Ribeira (A Coruña) | Apdo. 133 | Tfno: 981.870.450/649.649.481 |Fax: 981.870.485 | mar@coopribeira.com

Logo_xesForestaXesforesta, Sociedade Cooperativa Galega: unha firme aposta pola natura, o valor do monte, o valor do común.

Xesforesta, SCG é o resultado do afán de por traballar no sector forestal e ambiental dun equipo de profesionais formados nestes eidos. Unha aposta conxunta polos valores naturais e paisaxísticos da nosa comunidade autónoma, promovendo unha xestión responsable dos recursos, respectando a multifuncionalidade do monte e contribuíndo de igual modo ao benestar da nosa contorna de traballo. Os servizos que ofertamos divídense en tres áreas:

  • Enxeñaría Forestal: centrándose en ofrecer servizos forestais baseados na multifuncionalidade do monte galego e que integran a xestión forestal e dos recursos naturais dende a óptica social e cooperativista, achegando este modelo á nosa clientela mediante o emprego das novas tecnoloxías (proxectos de silvicultura, repoboacións e infraestructuras, trámites e xestións, defensa da propiedade, xestión integral de mancomunidades de montes veciñais en man común, control de calidade, certificación).
  • Enxeñaría Ambiental: nesta área productiva ofrecen servizos encamiñados a correxir, restaurar e conservar os recursos naturais e paisaxísticos de Galicia (silvicultura preventiva, restauración hidrolóxico-forestal, plans de defensa contra incendios, impacto ambiental, elaboración de programas de manexo de áreas naturais protexidas, aproveitamentos do monte…).
  • Formación: capacitación, formación e sensibilización dos recursos ambientais e forestais, impulsando o desenvolvemento local, usos e costumes (interpretación ambiental-patrimonio, elaboración de publicacións, edición de material divulgativo, formación e sensibilización ambiental).

Contacto:

Apdo. de correos 81 | 15960 Santa Uxía de Ribeira – A Coruña | 981 074 027 | info@xesforesta.com

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Úneche a outros 2.187 subscritores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.820 visitas
Calendario empreg@
Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: