CURSOS DE ALBANELERÍA
O Centro Empresarial da Construcción do Barbanza presentan a nova convocatoria de cursos de formación bonificada para empregados en activo (maio 2014).
Tódo-los cursos que se imparten son 100% bonificados a través dos seguros sociais, polo que non suponen ningún coste para a empresa.
- PRL DE INSTALADOR DE CUBERTAS
- TRANSPORTISTA
- CAMIÓN GRÚA AUTOCARGANTE
- CAP DE FORMACIÓN CONTÍNUA
- CARRETILLEIRO
- CAP + CAMIÓN
- PLATAFORMA ELEVADORA
- PRL PARA EXCAVADORA
- PRL ELECTRICIDADE
- CURSO DE PRESUPOSTOS, MEDICIÓNS E CERTIFICACIÓNS DE OBRA
- CURSO MONTAXE DE ANDAMIOS
- PRL PARA OFICIOS DE INSTALADOR DE VENTAS E ACRISTALAMENTOS
- PRL PARA TRABALLOS DE ALBANELERÍA
- PRL PARA TRABALLOS DE COLOCACIÓN DE MATERIAIS DE CUBRICIÓN. PARTE ESPECÍFICA ( 6 HORAS)
- PRL PARA TRABALLOS DE COLOCACIÓN DE MATERIAIS DE CUBRICIÓN
Contacto:
Polígono Xarás, nº 64
15960 Ribeira
Tlf/Fax: 981874647- 669820533
cecb@telefonica.net / www.cecbbarbanza.com
——————————————————————————————-
XORNADA DE PRESENTACION PROGRAMA C-TEAMS PARA A MELLORA COMPETITIVA DE NOVAS EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA
Lugar: MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA – MUPEGA. San Lázaro, 107 – 15703 Santiago
Data: martes 13 de maio
Horario: de 12:00 a 14:00h.
C-TEAMS é un Programa do Igape pensado para axudar ás novas empresas de base tecnolóxica a prosperar e seren máis competitivas.
É o programa idóneo para novas empresas onde os recursos materiais, humanos e temporais escasean. Con C-TEAMS, as empresas participantes poderán redefinir ou deseñar unha nova carteira de productos ou servizos adaptados ás demandas reais do mercado.
C-TEAMS, aberto a empresas con menos de catro anos de vida, aplica técnicas e ferramentas de éxito, para empresas de nova creación, probadas con anterioridade en máis de 100 Pemes galegas.
———————————————————————————————–
Plan Reactívate 2014, un programa de actualización e reciclaxe en diferentes eidos do tempo libre:
– Área de deportes náuticos
– Área de deportes de aventura
– Área de tempo libre en idade escolar
– Área de novas tecnoloxías
Podes consultar toda a información sobre o programa na páxina web de xuventude: www.xuventude.net, dentro do apartado do Carné Xove – “Promocións do carné xove” (Convocatoria 2014).
Tamén no enlace:
http://xuventude.xunta.es/2014031412790/promocions-carne-xove-plan-reactivate-2014.html
———————————————————————————————————
UGACOTA organiza o “Obradoiro de formación cooperativa para persoas que queren emprender”
– Data: Do 01 ao 04 de abril de 2014
– Horario obradoiros: 10 a 15 h
– Lugar: Centro de Rede Eusumo Fundación Feiraco (Cooperativa Feiraco: Pontemaceira, s/n AMES)
Este obradoiro é gratuíto.
Para máis información ou inscrición prema aquí
Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA
rúa do Hórreo, nº 104 – baixo esquerda 15701 Santiago de Compostela.
Tel-Fax.: +34 981575578 | correo-e: ugacota@ugacota.coop | páx. web: http://www.ugacota.coop
————————————————————————————————————–
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de abrir o prazo para a solicitude de cursos preparatorios para as probas CELGA 2014, que se realizarán nos meses de abril e maio nos concellos que o soliciten, sendo a Secretaría Xeral en función da demanda de formación e dos recursos dispoñibles, quen planificará a programación dos cursos así como tamén os niveis que se van impartir, localidade, datas e os horarios de realización.
Dende os concellos de Arousa Norte tense previsto solicitar estes cursos preparatorios, máis un dos requisitos para poder participar é a relación de 20 persoas preinscritas en cada curso.
Se estás interesado/a na realización dalgún curso preparatorio CELGA debes preincribirte en ata o venres 21 de febreiro en:
-A Pobra: nas oficinas do Concello de luns a venres en horario laboral. Tlf 981830250.
-Rianxo: nas oficinas da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo (Rúa Autores da Rianxeira s/n-tlf 981 100 68 ou enviando un correo electrónico á cultura@concelloderianxo.es onde indiques:
- Nivel do Celga no que estarías interesado/a
- Nome e apelidos
- DNI ou Pasaporte
- Teléfono de contacto
- Correo electrónico
-Ribeira: no Servizo de Normalización Linguística do Concello de Ribeira, situado no Centro Cultural Lustres Rivas (teléfono: 981 835 650, email:normalizacion@riveira.com). Xa hai setenta persoas apuntadas, que tiñan formalizada previamente a súa preinscripción.
-Boiro: na Casa da cultura “Ramón Martínez López” , tlf 981848425 ou cultura@boiro.org
Deixar unha resposta