Seguimos presentado aos galardoados como novos emprendedores.
David Pouso Barreiro representante da empresa BIOTERMIC COMERCIAL E SERVIZOS S.L respondeunos as seguintes preguntas:
Cal foi a túa motivación para emprender ese tipo de negocio?
Dende fai anos avogamos polo fomento das enerxías renovables e do aforro enerxético. Máis viamos que cidadanía non contaba con amplos servizos neste sector de aí que nos propuxemos crear un negocio que se dedicase exclusivamente á promoción da enerxía renovable.
Que servizos ou produtos ofreces á cidadanía?
Os produtos que vendemos son todos equipos de aforro enerxético e ecolóxicos, como as placas solares para a produción de auga quente; as estufas, chimeneas e caldeiras de biomasa, griferías de baixo consumo e iluminación de leds. Tamén ofrecemos subministro de leña, briquetas, pellets e carbón.
Datos da empresa
Sede social: Cimadevila , 95 Edificio Costa, Portal 1 Boiro
Email: info@biotermic.es
Deixar unha resposta